Hoxe pola mañá recibimos no Congreso unha extraordinaria visita, a dos escolares gañadores do concurso da Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno de Ourense.
Viñeron acompañadas de dúas profesoras e puideron coñecer o Palacio do Congreso e estar no hemiciclo e outras bonitas dependencias, así como de coñecer o funcionamento do poder lexislativo.
E como é normal fixémonos todos xuntos esta foto que acredita a feliz visita destes mozos ourensáns.