Hoxe asistín á Comisión de Economía do Congreso, da que son vocal, na que o ministro de Economía Luís de Guindos desvelou que Luís María Linde de Castro é a persoa elixida por Mariano Rajoy para substituír a Miguel Angel Fernández Ordóñez como gobernador do Banco de España.
Unha vez que o acorde o Consello de Ministros, presentarase o nomeamento ao rei para a súa designación definitiva.
Luís de Guindos destacou a ampla cualificación de Luís María Linde para o exercicio do cargo, polo seu coñecemento do Banco de España, das finanzas nacionais e internacionais e das entidades financeiras españolas.
Todos os portavoces valoraron positivamente o nomeamento de Linde, ao que eu tamén lle desexo os mellores éxitos