Hoxe a Asociación de Empresas de Conservación e Explotación de Infraestruturas (ACEX) que preside Javier Segovia Irujo nun acto público que tivo lugar en Madrid na sede do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos fixo mención especial á Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados “por ser o punto de encontro de diálogo e procura de consenso entre os grupos parlamentarios, tendentes a optimizar os investimentos nas infraestruturas, o seu control e os cambios lexislativos que permitan que estas sexan o motor económico da recuperación, do crecemento e do emprego”.
Federico Fernández Alonso, subdirector xeral de Tráfico e D. Jorge Urrecho Corrales, director xeral de Estradas do Ministério de Fomento, entregaron o diploma acreditativo e un metacrilato gravado respectivamente a quen subscribe na súa condición de, presidente da Comisión de Fomento.
A continuación nunha breve intervención agradecín esta distinción en nome da Comisión de Fomento, alí representada por varios membros dos diversos grupos parlamentarios que a integran: Joan Ruiz, Andrés Ayala, Concha de Santa Ana, Rafael Simancas, Leire Iglesias y Pere Macías, e coa presenza da letrada Sylvia Martí.