Como din conta neste blog, o pasado 12 de xuño subin á tribuna do Pleno do Congreso para defender unha PNL na que instabamos ao Goberno a:
"Estudar a revisión do Código Penal para que se castigue adecuadamente a quen cometan delitos de incendios forestais e que, dentro desta reforma:
1. Se tipifiquen como agravantes estes novos supostos:
- Que o incendio prodúzase en zonas de protección de núcleos de poboación. (Definidas nas lexislacións forestais estatais e autonómicas)
"Estudar a revisión do Código Penal para que se castigue adecuadamente a quen cometan delitos de incendios forestais e que, dentro desta reforma:
1. Se tipifiquen como agravantes estes novos supostos:
- Que o incendio prodúzase en zonas de protección de núcleos de poboación. (Definidas nas lexislacións forestais estatais e autonómicas)
- Que os sinistros provóquense en días de risco extremo de incendios forestais.
Que afecten a zonas forestais con especies de alto valor
(espazos naturais protexidos por normas das Comunidades, estatais, da Unión Europea e da Comunidade Internacional)
Ou que afecten a zonas lindeiras con infraestruturas e zonas de tránsito e de recreo da poboación en xeral.
2. Establézase a obrigación do autor do incendio de adoptar ao seu cargo as medidas necesarias encamiñadas a restaurar o monte ou ecosistema forestal danado."
Sometida a votación esa iniciativa, foi aprobada con 201 votos a favor, 10 en contra e 112 abstencións.
Por certo que saíu adiante cos votos de todos os grupos excepto a Esquerda Plural, e lamentablemente coa abstención de BNG e PSOE.
Pois ben, hoxe, case un mes despois dese debate, estivo en Compostela o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón que foi recibido polo presidente da Xunta.
Ruiz-Gallardón, anunciou no Pazo de Rajoy a súa intención de propor un aumento a un máximo de seis anos de prisión, en lugar dos cinco actuais, para os autores de incendios forestais, así como a posibilidade de privación de liberdade durante o proceso.
O ministro precisou que a proposta, á que contribuíron varios parlamentarios galegos, forma parte dunha iniciativa para reformar o Código Penal na que se incluirá, ademais, como "agravantes" o feito de que o foco do incendio sexa próximo a zonas habitadas ou a áreas naturais con especies ameazadas de extinción, ou ben nun momento de condicións climatolóxicas con "risco de propagación".
Puntualizou que a proposta de reforma será presentada de forma "inmediata" este mes de xullo para a súa aprobación polo Consello de ministros, para proseguir a tramitación parlamentaria, e expresou o seu desexo de poder contar cun amplo respaldo.
Alberto Núñez Feijóo, agradeceulle ao ministro que “entendese e atendese” a proposta “que naceu de Galicia e que agora fai súa o conxunto do Estado”, para agravar as penas e para que os incendiarios restitúan o dano causado.
Feijóo trasladou o “recoñecemento do pobo galego a unha iniciativa que danos máis seguridade e que achega a sensación de ter unha xustiza que está dentro do que os cidadáns entenden como xustiza”.
O presidente da Xunta defendeu que endurecer as penas dos incendiarios é “actuar con xustiza” e advertiu que “os criminais dos montes teñen que saber que fronte a eles hai un pobo unido e decidido que lles vai esixir non soamente ter privación de liberdade senón o seu propio patrimonio, que quedará a disposición dos galegos e de comunidades como Galicia que viron diminuído o seu patrimonio forestal como consecuencia dalgunhas actuacións que haberá que esclarecer”.
O Presidente da Xunta lembrou que preto dun 80% os incendios que se producen de xeito intencionado e informou que “neste semestre, a Policía fixo o seu traballo e detivo ao dobre de presuntos incendiarios con respecto ao primeiro semestre do ano pasado”.
Deste xeito o responsable autonómico achegou ao ministro “as grazas máis expresivas por ser sensible a esta cuestión, por estudala conxuntamente, por traballala conxuntamente e porque ademais el decidiu anunciala en Galicia, o que para nós é toda unha honra”.