Tamén o Servizo Público de Emprego Estatal publicou onte os datos oficiais de paro rexistrado de xuño de 2012 correspondentes a provincia de Ourense
Así coñecemos que a 30 de xuño de 2012 había na provincia de Ourense: 29.667 parados rexistrados, 1.049 menos que en maio de 2012 (- 3,42 %) e 3.996 mais que en xuño de 2011 (15,57 %)
Distribución por sexo
14.331 homes
15.336 mulleres
Distribución por idades
2.440 menores de 25 anos
27.227 maiores de 25 anos
Distribución por sectores: 1.149 na agricultura, 4.406 na industria, 4.720 na construcción, 16.211 nos servizos e 3.181 sen emprego anterior.
Estos datos amosan que o paro baixou na nosa provincia mais que en no conxunto de Galicia e mais que en España.