martes, 3 de julio de 2012

Descenso salientable do paro rexistrado en España e en Galicia



Hoxe coñecemos os datos de paro rexistrado do mes de xuño, coa boa noticia do descenso de 98.853 persoas, en relación co mes anterior, o que supón unha redución do 2,10%. En total  o paro rexistrado sitúase  en  España en 4.615.269 persoas. 

 O descenso do mes de xuño é o máximo rexistrado nese mes en toda a serie histórica. De feito, en 2011 o paro rexistrado reduciuse en 67.858 persoas. Ademais, o paro descende por terceiro mes consecutivo, tras as caídas dos meses de abril e maio de 2012. 

 Por sectores económicos, o paro rexistrado baixa en todos eles, salvo en agricultura, que se incrementa en 1.182 (0,74%). En industria baixa en 9.970 (-1,85%), en construción redúcese en 17.124 (-2,15%), e en servizos descende en 52.654 (-1,88%). Para rematar, o colectivo sen emprego anterior baixa en 20.287 persoas (-4,90%). 

 Baixa o desemprego masculino e o feminino; así, entre os homes redúcese en 52.845 (-2,26%) en relación co mes anterior e sitúase en 2.284.271. O feminino descende en 46.008 (-1,94%) respecto ao mes de maio e sitúase en 2.330.998 desempregadas. Descende tamén o desemprego entre os mozos menores de 25 anos en 37.338 (-7,61%) respecto ao mes anterior. 

Así mesmo baixa entre os de 25 e máis anos en 61.515  (-1,46%). En termos interanuais o paro rexistrado incrementouse en 493.468 persoas (11,97%).

 GALICIA

En Galicia o paro baixa en relación co mes anterior en 7.405 persoas (-2,68 %). Pechamos xuño con 269.203 parados, 35.646 máis que fai un ano (15,26 %).



Distribución por sexo

131.788 homes
137.415 mulleres

Distribución por idades

  21.628 menores de 25 anos
247.575 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

7.630 na agricultura, 40.574 na industria, 45.614 na construcción, 148.669 nos servizos e 26.716 sen emprego anterior.

Somos conscientes de que os datos do paro de xuño son estacionales e derivados das contratacións no sector servizos que levan a cabo cada verán. Pero reflicten unha tendencia, e a confianza do empresariado en que a economía irá mellor nesta fase do ano do que foi no pasado, e sobre todo respecto de anos anteriores.

No caso de Galicia, parécenos relevante que a caída do desemprego sexa maior que no resto de España. 

Non caeremos en triunfalismo algún, porque aínda hai máis de 269.203 galegos que queren traballar e non poden facelo. Esperamos que a tendencia se manteña en xullo e agosto.