En Sevilla, onte celebrouse unha reunión da Xunta Directiva do Partido Popular na que o presidente Mariano Rajoy expresou no seu discurso unhas mensaxes que convén destacar:
"O mellor traballo que podemos facer como partido é estar moi preto de quen peor o están pasando e facerlles chegar unha mensaxe: todo o que fai o Goberno é necesario e imprescindible para non desviarnos do camiño da saída da crise"
"Todas as medidas e reformas resúmense nun só obxectivo capital: que España volva crecer e a crear emprego"
"Ninguén pode dubidar do noso compromiso coa redución do déficit público. É unha convicción e unha cuestión de xustiza cara a todas as familias e empresas que levan anos apertándose o cinto"
"Agora toca pisar o acelerador. Imos facer moitas máis cousas para saír adiante grazas ao esforzo de todos e en beneficio de todos"
"Non chegamos a esta situación por casualidade nin por mala sorte, senón porque non se fixeron ben as cousas. Sábeno todos, ata os que protestan polas decisións do Goberno"
"As CCAA están facendo un gran esforzo, e o Goberno estaas axudando, pero nos próximos meses terán que facer un esforzo aínda maior"
"Non hai lugar para o desalento cando nas nosas mans está o dar a volta á situación e volver ser un país de éxito"

Tras o último Consello Europeo: "Europa é hoxe máis Europa que onte. Hoxe temos unha Europa máis forte, máis integrada e máis consciente de que avanzamos xuntos por un camiño que non ten volta atrás"
"A redución do déficit e a estabilidade orzamentaria; as reformas estruturais e un sistema financeiro solvente e capitalizado son os tres alicerces sobre os que alzaremos a economía do mañá"
Sobre a Lei de pago a provedores: "É un principio básico de xustiza, de moral, decencia e sentido común pagar o que debes. Pido ás Administracións que non contraten aquilo que non poden pagar"