viernes, 20 de julio de 2012

Reformas no sector ferroviario


O Goberno aprobou hoxe en Consello de Ministros un Real Decreto Lei polo que se adoptan unha serie de medidas para liberalizar o transporte ferroviario nacional de viaxeiros.

En concreto, o Goberno establece un calendario en virtude do cal fíxase a apertura do mercado do tráfico de viaxeiros nacional por ferrocarril a partir do 31 de xullo de 2013, tanto para servizos que discorran sobre a rede de Alta Velocidade como para os de rede de ancho ibérico convencional e métrico.

Informa en nota de Prensa o Grupo Fomento que inicia un proceso de racionalización e eficiencia do sector ferroviario co obxectivo fundamental de ofrecer un mellor servizo aos 500 millóns de viaxeiros anuais, mellores prezos -pola entrada de competencia- e unha maior e máis eficiente oferta de mobilidade.

Considera que a competencia no transporte ferroviario redundará en beneficio dos usuarios e suporá unha dinamización do sector económico vinculado a esta actividade.

Para prepararse de cara á liberalización do mercado, o Real Decreto Lei establece que Renfe quedará estruturada en catro sociedades, cuxo obxecto social incluirá as funcións e obrigacións da unidade de negocio de viaxeiros; da unidade de negocio de mercancías e loxística; da unidade de negocio de fabricación e mantemento; e de realización de operacións de arrendamento e outras vinculadas ao activo ferroviario.

A oportunidade de constituír estas sociedades vén determinada polo diferente tratamento que require cada área. Esta estrutura, que mantén a coherencia das áreas de negocio da empresa, permite unha adaptación máis flexible ás novas condicións. As sociedades estarán participadas ao 100% por Renfe Operadora.

 O Decreto establece tamén a integración de FEVE en Renfe e Adif, no marco do Plan de Reestruturación e Racionalización do SectorPúblico Empresarial e Fundacional Estatal, do 17 de marzo de 2012.

 Deste xeito, se segrega a parte de infraestruturas, que pasa a Adif, da parte de operación, que pasa a Renfe, para gañar en eficiencia, racionalidade e economías de escala.

O Goberno definirá que servizos de media distancia someterá a Obrigación de Servizo Público (OSP) atendendo a criterios de eficiencia económica, ambiental e social.

Para rematar, infórmase que elevará ao Consello de ministros unha proposta de reestruturación de infraestruturas e servizos ferroviarios.

Este Real Decreto, será obxecto de convalidación no Pleno do Congreso do próximo día 24 de xullo.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, sinalou que os obxectivos desta reforma son: mellorar a calidade do servizo; sacar o máximo rendemento das relevantes infraestruturas que temos financiadas con fondos públicos; incrementar o número de operadores; ampliar o acceso dos cidadáns a servizos de alta velocidade a menores prezos; aumentar a porcentaxe de mercancías transportadas e racionalizar a oferta de servizos ferroviarios adecuándoos á situación actual.