Quero salientar neste blog e dun xeito moi positivo o acordo adoptado o 20 de xullo no Consello
Extraordinario da Xunta de Galicia de que os empregados públicos galegos
recuperarán a paga extra suprimida este ano en exercicios futuros, no marco dos
parámetros fixados pola Lei de Disciplina e Sostibilidade Orzamentaria; mentres
que no caso dos empregados estatais se fará a través dos plans de pensións.
Así se recolle no proxecto de lei aprobado Goberno
galego para modificar a actual Lei de Orzamentos e adaptala ao disposto no Real
Decreto Lei 20/2012.
A Xunta informou que a mesma porcentaxe na rebaixa salarial
establecida para os altos cargos, aplicarase ás retribucións anuais dos
directivos e persoal das entidades da Administración instrumental. Con esta
nova diminución de retribucións, o presidente do Ejecutivo galego acumula unha
do 22% no que vai de lexislatura; mentres que os conselleiros ven rebaixados os
seus salarios un 17% en relación co anterior goberno e; os secretarios xerais,
directores xerais, delegados territoriais e asimilados nun 15% .
Á rebaixa para os directivos das entidades da
Administración instrumental súmase á recente diminución media nun 9% das súas
retribucións como consecuencia da aplicación da Lei de medidas temporais en materia
de emprego público, polo que ninguén pode ter un salario fixo máis alto que o
do presidente da Xunta, unha norma que tamén suspendeu o complemento dos ex
altos cargos.
Ademais, a Xunta de Galicia, coa diminución do
número de altos cargos de persoal de gabinete ao servizo da Administración
autonómica, ten previsto aforrar na actual lexislatura case 30 millóns de
euros.
Por outra banda, o citado proxecto de lei equipara aos
empregados públicos adscritos aos réximes especiais de seguridade social do
mutualismo cos de réxime xeral na modulación da regulación das incapacidades
temporais co fin de evitar un trato desigual entre empregados públicos.