Hoxe participéi en Compostela no comité de dirección do PP de G no que abordamos a proposta de modificar o numero de Deputados do Parlamento de Galicia para que pasen de 75 a 61.
Apoiamos esta proposta pois enmárcase dentro das receitas de austeridade que o Goberno de Feijóo leva tres anos aplicando, pero que busca tamén trasladar á cidadanía a mensaxe de que se os galegos agora teñen que facer esforzos extra para superar a crise, os parlamentarios que os representan tamén deberán facelos.
Compre lembrar que cando se asinou o Estatuto de Autonomía de Galicia aos partidos lles parecía razoable gobernar Galicia con só 60 parlamentarios, fixando eses 60 como mínimo e 80 como máximo. Polo tanto, non hai mellor momento que o actual para trasladarse á parte baixa dese tramo e situar o número de parlamentarios no menor número impar posible.
Recordar tamen os axustes realizados na Administración autonómica ao longo desta lexislatura, que supuxeron reducir o 50 por cento dos altos cargos, hai un 40 por cento menos de conselleiros, a administración periférica diminuíu nun 90 por cento e baixáronse os soldos dos altos cargos.
Agora toca esperar a resposta dos grupos da oposición.