jueves, 9 de agosto de 2012

Impulso a Termatalia Perú 2012

Compre salientar que hoxe a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e máis o director xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, Alejandro Rubín, asinaran un acordo de colaboración para a promoción internacional do Turismo de saúde e benestar de Galicia a través do certame “Termatalia Perú 2012, auga e natureza”, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de setembro en Lima.
 
Termatalia e unha das tres feiras relacionadas co turismo de carácter internacional que se celebran en España e este ano, por primeira vez, desenvolverase fóra da Comunidade galega, concretamente ña capital de Perú. 

Trátase dun certame que vai máis alá da promoción turística ao implicar a todo o sector relacionado coa industria termal, a través de misións comerciais e outro tipo de contactos empresariais.

A través deste convenio, no que a Secretaría Xeral para o Turismo investirá 75.000 euros, Turgalicia instalará un expositor de 36 metros cadrados para a promoción de Galicia como destino de Turismo de saúde e benestar.

Ademais apoiará a recreación e montaxe do espazo balneario, promocionará eventos de comunicación na feira, financiará o Encontro internacional sobre auga e termalismo e promocionará a través da prensa local e estranxeira especializada en termalismo este evento.

Moito celebro este importante compromiso da Xunta de Galicia, que vai a impulsar este producto no que Galicia ocupa un lugar senlleiro no eido nacional.

Estou convencido do seguro éxito deste certame turístico internacional, perfectamente organizado polo experimentado equipo de Expourense.