A Xunta de Galicia informou hoxe que o lume forestal rexistrado no
municipio do Barco de Valdeorras, permanece controlado dende as 15:15 horas de
onte domingo, 12 de agosto.
Segundo as últimas estimacións dos técnicos que
traballan no dispositivo tras dalo por controlado, a superficie afectada
provisional sitúase arredor das 1.500 hectáreas. Esta superficie será
actualizada cando se realicen novas medicións e darase con exactitude cando
estea xeorreferenciada.
Desde a Consellería de Medio Rural, informan que
finalmente nos traballos de control deste incendio participaron en total 7
técnicos, 39 axentes forestais, 138 brigadas, 1 Grumir, 60 motobombas, 6 palas,
13 helicópteros, 16 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).
Sinalan que houbo dous lumes diferentes, o
último que se apagaou é distinto ao que foi extinguido o xoves.
Cabe destacar que xestión deste incendio por parte dos
profesionais foi impoluta. A
pesar das dificultades meteorolóxicas tan adversas, sobre todo as
rachas fortes de vento
– que complicaron o control do lume e obrigaron a cambiar de estratexia
constantemente -, a coordinación foi total. Proba diso foi que en pouco máis de
48 horas o incendio foi controlado.
Lamentablemente escoltamos algunhas críticas infundadas
que deben rebatirse. É falso que a dificultade de control do lume estea
vinculada á experiencia das brigadas helitransportadas, que son profesionais
especializados na materia.
É imposible falar de recorte cando o orzamento autonómico destinado a
prevención e loita contra os incendios foi incrementado en máis de 1,4 millóns
de euros.
Desde o primeiro momento a conselleira do Medio Rural e do
Mar, como máxima responsable do operativo, desprazouse ata a zona e o sábado
permaneceu toda a xornada facendo seguimento do operativo xunto co conselleiro
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Tamén foron ata alí o
propio Presidente da Xunta e o conselleiro de MATI.
Como dicia onte, Alberto Núñez Feijoo, hai que agradecer o comportamento
de colaboración máxima de todas as autoridades municipais das zonas afectadas e
dos veciños, “que tiveron un comportamento exemplar”. E o mesmo en relación cos
efectivos que loitaron contra o lume desde as 13:00 horas do pasado venres.: os
profesionais tanto da UME, como as brigadas, os medios aéreos -tanto
helicópteros, como anfibios-, medios terrestres, motobombas, bulldozers e outro
tipo de aparataxe para atrancar o lume e non deixar que se expandise cara a
outras superficies. Xente que arriscou a súa vida para apagalo.
Agora comezarán as tarefas de evaluación dos importantes danos nas
propiedades privadas e públicas, nas
traídas de auga e noutras propiedades públicas.