jueves, 2 de agosto de 2012

Descenso do paro rexistrado en xullo.

 Hoxe coñecemos os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo.

Son os seguintes:

Ourense

Descende o paro rexistrado en 1.089 persoas, un apreciable 3,67 %.  O numero de parados queda en 28.578.

Galicia

O paro rexistrado de Galicia caeu en xullo en 9.005 persoas con respecto a xuño (un 3,35 % menos).

España

O paro baixo en 27.814 persoas no mes de xullo, un 0,60 %. Queda situado en 4.587.455 persoas.

- É o cuarto mes consecutivo de descenso no desemprego en España.

- O recorte no paro é máis pronunciado que en 2009, cando España tamén estaba en recesión.

- Os sectores que mellor se comportaron no mes de xullo foi o da construción, cunha caída de 14.792 persoas e o colectivo sen emprego anterior, que baixa en 10.448.

- O paro baixou tanto entre homes como en mulleres.

- Tamén cae o paro entre os mozos. Ata 12.611 menores de 25 anos (ou un 2,8% sobre o total) atoparon un emprego.

- Tamén é o cuarto mes consecutivo que baixa o paro xuvenil.

- O paro caeu en 13 comunidades autónomas.

- E descendeu en 36 provincias.

- Os contratos tamén melloraron, cun aumento respecto de xuño de 2011

- En xullo asináronse 7.346 novos contratos de apoio a emprendedores, unha cuarta parte do total dos indefinidos.

- Os contratos indefinidos tamén creceron, ata un 1,39%.

- En canto á Seguridade Social, o número de afiliados mantense por encima dos 17 millóns, tras anotarse outra subida no mes de xullo.

- O número de afiliados en España leva subindo cinco meses consecutivos (1.175). 

Fonte: Servizo Publico de Empleo Estatal.