Hoxe estiven no Carballiño participando na 50 edición da
Festa do Polbo, que pese a crise económica tivo unha amplia participación de
preto de 80.000 persoas que gozaron o manxar carballiñés, o polbo a feira.
No acto inaugural o alcalde do Carballiño, Argimiro
Marnotes, agradeceu á directora xeral de
Turismo, que se conseguira este ano a declaración de festa de interese
nacional, algo que tamén destacou Carmen Pardo, pois esta a única festa con esa
declaración de cantas se celebran no verán na provincia de Ourense.
A festa foi adicada este ano, ás pulpeiras de Arcos, de
xeito que no acto inaugural pronunciou unhas palabras a pulpeira máis antiga do
Carballiño, Morocha, que ten 89 anos, e que aparece chea de vitalidade nesta
foto.
Despois do xantar foi anunciado polo alcalde a quen se
dedicaría a próxima edición: será Vigo a cidade á que se dedicará a 51 edición
da Festa do Polbo.
Noraboa aos organizadores, en especial a concelleira de turismo Pilar Caride.
Noraboa aos organizadores, en especial a concelleira de turismo Pilar Caride.