Na maña de hoxe, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas supervisou a posta en servizo do novo vial de conexión entre Rairo (CV-401) e Bemposta (OU-105) na OU-510, no Concello de Ourense, que forma parte da rolda leste da cidade, permitindo liberar o tráfico do centro de Ourense.
Esta actuación, que implicou un investimento de 2,9 millóns de euros, supón dar continuidade ao vial periférico que discorre polo leste da cidade de Ourense e continúa os anteriores treitos A Granxa- Os Viros e A Granxa- Rairo, obras nas que a Xunta de Galicia xa realizou un investimento de preto de 11,4 millóns de euros. Polo tanto estas dúas actuación implicaron un investimento de máis de 14 millóns de euros (14,3 M€).
O novo trazado comeza nunha glorieta na CV-401, alóngase cara ao sur e o suroeste, de forma paralela ao ferrocarril Ourense- Zamora, volve virar cara ao sur ata a OU-105, onde se resolve a intersección por medio de glorieta.
As obras do novo vial deron comezo en abril de 2010 e prolónganse ao longo de 1.650 metros de terreo moi accidentado. Trátase da continuación do treito A Granxa- Rairo (tamén rematado) que circunvala Ourense polo sur para conectar a OU-536 coa A-52.
A nova conexión dará servizo a unha poboación de máis de 128.000 habitantes, correspondentes aos concellos de Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao de Viñas.
Celebramos esta inauguración que axudara a resolver os problemas de movilidade da capital da provincia.
Celebramos esta inauguración que axudara a resolver os problemas de movilidade da capital da provincia.