Paréceme moi relevante destacar o anuncio de Mariano Rajoy tras o despacho mantido con S.M. o Rei, que o Consello de Ministros do día 24 prorrogará, con efecto retroactivo ao 16 de agosto, a axuda de 400 euros para parados de longa duración sen ingresos e inscritos en itinerarios de formación.
Trátase de "preservar a situación das persoas en situación máis difícil", "é xusto facelo, son as persoas que están en peor situación", explicou Rajoy, quen engadiu que a intención do Goberno é mellorar este programa de axuda para que sexa máis eficaz e cumpra o obxectivo para o que se creou, a volta ao mercado laboral dos desempregados que ata agora se conseguiu pouco".

O Goberno veu realizando unha avaliación do anterior Plan Prepara tal e como establece a lei pois debe ser mellorado na súa eficacia e efectividade.Debemos recordar que non é un subsidio nin unha renda asistencial, senón que debe ser un axuda para mellorar a inserción laboral dos desempregados e que as persoas que hoxe non teñen emprego poidan atopalo.Cos datos que dispomos, os obxectivos que se trazaron no plan anterior tiveron uns efectos moi limitados.
No primeiro plan, o 20% das persoas beneficiarias alcanzaron emprego e na última prórroga, tan só un 6% puido conseguilo, xa que logo é necesario mellorar a eficacia do plan, precisamente para garantir o seu obxectivo, que non é ser unha renda asistencial, senón que os seus beneficiarios atopen emprego.
Convén recordar que o verán pasado o Goberno de Rodríguez Zapatero prorrogou o plan oito días despois de que caducase, cando Mariano Rajoy fíxoo un día antes.
A comparación deixa moi claro que este goberno actuou de xeito xusto e ademais con celeridade e con sensibilidade, garantindo a protección dos que mais necesítano.