Hoxe morreu en Teo, aos 98 anos, Don Avelino Pousa Antelo, histórico galeguista e gardián da memoria do rianxeiro universal, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Amais de presidir a Fundación Castelao, traballou
arreo en defensa da identidade e da cultura de Galicia e tamén foi senlleiro defensor
do cooperativismo agrario.
O meu pesar polo pasamento dun dos bos e
xenerosos como foi o seu admirado Castelao cuxa foto inclúo
nesta entrada