jueves, 16 de agosto de 2012

Positivo dato da balanza comercial de España

Nun momento no que escasean as boas noticias económicas, hoxe coñecemos unha positiva, que é que o déficit comercial de España diminúo un 22,5% en termos interanuais nos seis primeiros meses do ano, alcanzando os 18.641,5 millóns de euros.

 Neste período rexistrouse un  déficit enerxético de 23.747,4 millóns, cun aumento interanual de 14,3%, e un superávit non enerxético de 5.105,9 millóns, cunha variación interanual de -254,9% (no primeiro semestre de 2011 rexistrouse un déficit non enerxético de 3.296,4 millóns). 

A taxa de cobertura (porcentaxe de importacións que poden pagarse coas exportacións realizadas no mesmo período) foi do 85,5%, un resultado superior en 4,0 puntos porcentuais ao do primeiro semestre de 2011.


As exportacións españolas de mercancías situouse en 109.974,4 millóns de euros no primeiro semestre, valor superior nun 3,4% ao do mesmo período de 2011. 

Ao mesmo tempo, as importacións descenderon un 1,4% interanual, alcanzando os 128.615,9 millóns de euros. 

saldo comercial coa Unión Europea rexistro un superávit de 5.539,5 millóns de euros, moito maior que o superávit de 1.587,2 millóns de euros do período xaneiro-xuño de 2011. 

Así mesmo, tamén se presento  un superávit coa zona euro cifrado en 3.521,4 millóns de euros, moi por encima do alcanzado no mesmo período do ano anterior de 726,5 millóns de euros.