En Nome do Grupo Parlamentario Popular reiterei o apoio total ao sector cefalopodeiro español e o máis absoluto rexeitamento ao acordo entre a UE e Mauritania que crea unhas condicións técnicas que fan inviable a pesca.
Agradecin a disposición do Ministro Arias Cañete para explicar na Cámara Baixa o próximo día 6 de setembro a informar sobre a posición do Goberno de España en relación con este acordo ao que tanto o executivo como o Grupo Parlamentario Popular e por suposto o sector oponse.
O problema principal reside en que os buques cefalopoderos, un total de 21 españois, moitos vinculados a Galicia e con base no Morrazo, son excluídos do acordo, cando tampouco teñen posibilidades noutros caladoiros dos que se puidesen considerar alternativos (Marrocos, Guinea Bissau, Senegal, etc.).
Manifestei que o GPP e o Goberno non ven xustificación na negativa da Comisión Europea a contemplar as posibilidades de pesca a cefalopoderos, xa que aducen un suposto mal estado do recurso destas especies e isto non se corresponde cos informes dos que dispón o pretixioso Instituto Español de Oceanografía.
Recordei que o primeiro paso para que non avancen as propostas lexislativas habituais cando se trata de acordos de pesca con terceiros países, é que non se aprobe a súa aplicación provisional.
Neste asunto, dixen que o Goberno está actuando con contundencia e recordei que xa se iniciaron negociacións cos Grupos Parlamentarios europeos pertencentes á Comisión de Pesca e que o propio ministro do ramo, o Sr. Arias Cañete, acompañado polos responsables da Secretaría Xeral de Pesca, fixo unha viaxe ex profeso a Mauritania para expor a opinión de España.
Neste sentido subliñei tamén que o pasado venres 24 de agosto o Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete - tras unha reunión mantida co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que trasladou a preocupación existente en Galicia e a necesidade de buscar solucións - anunciou que o Goberno vai pór en marcha axudas para a flota afectada pola situación do Acordo de pesca da Unión Europea con Mauritania tanto para armadores ou propietarios de buques como para tripulantes das flotas.
Según o ministro estas axudas terán un custo de 6,10 millóns de euros, con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, e estarán cofinanciadas pola Unión Europea.
Dixen que o GPP congratulouse por estas axudas, xa que os armadores ou propietarios de barcos recibirán, de acordo cos baremos do Fondo Europeo da Pesca, unha cantidade diaria que dependerá do tamaño do buque, mentres que as axudas a tripulantes serán de 45 euros por día de parada. A duración das axudas será de seis meses, a pagar con carácter retroactivo desde o día 1 de agosto.
En total, están afectados por devandito acordo 37 barcos (21 correspondentes á flota cefalopodera e 16 á flota marisqueira) e un número estimado de 225 tripulantes.
E rematei decindo que a pesar de todo, que estas axudas son unha medida excepcional, xa que a Unión Europea ten que renegociar este acordo e buscar novas condicións de pesca que permitan faenar á flota española en condicións razoables.