Como dicia na anterior entrada viaxei a primera hora da maña a O Barco de Valdeorras. No meu coche recorrin os pobos de Santigoso, Millarouso e Entoma e puiden comprobar os danos causados, a preocupación dos veciños e o intenso numero de medios que traballaban.
Logo da feira vitivinícola da Rua, volvín co vicepresidente da Deputacion, Rosendo Fernandez a O Barco e tiven a oportunidade de acompañar ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e ao Alcalde do Barco, Alfredo García, a visitar con mais detalle as zonas afectadas e tamen de coñecer o estado de situacion dos frentes do lume ainda abertos por mor do vento que non cesaba de soplar en distintas direccións, o que dificultaba as labores de extinción.
Segundo informa a Xunta as últimas estimacións provisionais das 13 horas de hoxe a superficie afectada esta entorno ás 800 hectáreas, converténdose así nun Gran Incendio Forestal. Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 9 axentes forestais, 27 brigadas, 12 motobombas, 1 pala, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).