Na mañá de hoxe despráceime a Baños de Molgas e forméi parte como presidente da Comision de Fomento do Congreso, do grupo de persoas que acompañaron á ministra Ana Pastor á visitar as obras de construción do viaduto sobre o Rio Arnoia, integrado no tramo de alta velocidade Miamán-Ponte Ambía, de 6,7 km de lonxitude. Son unhas obras de plataforma que contan cun orzamento de 75,9 millóns de euros.
Recibimos explicacións sobre a evolución das obras e o avance conforme ao ritmo previsto deste viaduto que ten unha lonxitude de 1.014 m e que salva o río Arnoia mediante un arco ojival de formigón, así como o cruzamento coa liña férrea convencional Zamora-A Coruña, neste caso por medio de pilas tipo pórticos.
Ademais do viaduto de Arnoia, o tramo Miamán-Ponte Ambía presenta como estruturas singulares os viadutos de Miamán (177 m), para salvar o val orixinado polo Regueiro de Porro, e de Bouzas (216 m), sobre o val polo que discorre o Regueiro de Bouzas; o túnel de Bouzas (852 m), que xa foi calado o pasado mes de abril, e outros dous viadutos para salvar a liña de ferrocarril convencional.
No devandito acto e a preguntas dos xornalistas, a ministra informou que o corredor ferroviario de alta velocidade Madrid-Galicia experimentou un gran impulso nas últimas semanas coa adxudicación da construción de seis novos tramos de plataforma no segmento Lubián-Ourense, por importe conxunto de máis de 584,1 millóns de euros, o que pon de manifesto o firme e decidido compromiso do Goberno coa conexión de alta velocidade entre Galicia e a capital de Estado no menor prazo tecnicamente posible.
E sinalou que no que vai de ano a conexión Madrid-Galicia en alta velocidade recibiu uns investimentos globais de 1.745,3 millóns de euros.
http://www.fomento.gob.es/MFOMBPrensa/detalleRecurso.aspx?t=v&r=0dded2f2-d5cf-c315-31b9-96f2ec8756da&p=6add959d-9d94-473e-a578-33f8bb1f3ab0
http://www.laregion.es/noticia/221666/fomento/revisa/equipo/foster/proyecto/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/08/27/ministra-fomento-dice-rajoy-anunciara-proximamente-fecha-llegada-ave/0003_2012082012082714183070.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/08/28/pastor-aboga-austeridad-proyecto-estacion-ave-reunion-foster/677682.html