O ministro informou en rolda de prensa que o obxectivo polo que se crean novas
figuras e medidas para o tratamento dos delincuentes máis perigosos responde á
necesidade de corrixir algunhas deficiencias detectadas na aplicación de certos
tipos penais, así como á homologación do noso ordenamento coa normativa da
Unión Europea.
O novo texto introduce dúas figuras novas na nosa lexislación, a prisión permanente revisable e a custodia de seguridade, para proporcionar unha resposta penal máis adecuada a certos crimes que causan unha especial repulsa social.
O novo texto introduce dúas figuras novas na nosa lexislación, a prisión permanente revisable e a custodia de seguridade, para proporcionar unha resposta penal máis adecuada a certos crimes que causan unha especial repulsa social.
O anteproxecto, que se someterá nas próximas semanas á aprobación do Consello
de Ministros, inclúe, ademais, unha nova regulación do delito continuado, da
liberdade condicional e a supresión das faltas. Aquelas faltas con suficiente
relevancia penal converteranse en delitos de escasa gravidade.
Cito nesta entrada as principias novidades:
Prisión permanente revisable.
Tras escoitar a expertos, unha vez que se entendeu conveniente introducir a figura da prisión permanente revisable, inédita no ordenamento xurídico español, concluíse que o máis conveniente é facelo incluíndo, polo menos, parte dos delitos castigados con esta pena nos países da nosa contorna.
Tras escoitar a expertos, unha vez que se entendeu conveniente introducir a figura da prisión permanente revisable, inédita no ordenamento xurídico español, concluíse que o máis conveniente é facelo incluíndo, polo menos, parte dos delitos castigados con esta pena nos países da nosa contorna.
É dicir, a prisión permanente revisable aplicarase aos homicidios terroristas,
pero tamén aos cometidos contra o Rei ou o príncipe herdeiro e contra xefes de
Estado estranxeiros. Tamén será a pena prevista para os casos de xenocidio e
crimes de lesa humanidade con homicidio, así como no primeiro caso, con
agresión sexual.
Os tribunais poderán aplicar este tipo de pena nalgúns tipos de asasinatos
agravados: cando a vítima sexa menor de dezaseis anos ou se trate dunha persoa
especialmente vulnerable; cando sexa subseguinte a un delito contra a liberdade
sexual; nos múltiples, e nos cometidos por membros dunha organización criminal.
A nova pena trae consigo un cumprimento íntegro da privación de liberdade
durante un período de tempo establecido e só logo deste aplicarase o sistema de
revisión que permitirá a posta en liberdade do condenado se cumpre unha serie
de requisitos. Esta revisión poderase realizar a petición do reo, pero tamén se
fará de oficio pola Sala, polo menos, cada dous anos.
A aplicación da prisión permanente revisable foi avalada polo Tribunal Europeo
de Dereitos Humanos en distintas sentenzas tras a súa aplicación nos países da
nosa contorna, nas que determinou que a posibilidade de revisión da condena
satisfai o artigo 3 da Convención Europea de Dereitos Humanos.
Custodia de seguridade.
O novo Código Penal introduce, por primeira vez, a custodia de seguridade.
Trátase dunha medida privativa de liberdade para casos excepcionais que se
aplicará unha vez cumprida a pena de prisión e despois de que o tribunal valore
se se mantén o perigo do penado. A custodia de seguridade ten unha duración
máxima de dez anos, aínda que se porá fin inmediatamente a esta medida de
seguridade se o tribunal estima que desaparecen as circunstancias que a facían
necesaria.
Esta medida só será aplicable a quen sexan condenados por delitos de especial
gravidade como son os delitos contra a vida, a integridade física, a liberdade,
a liberdade ou indemnidade sexual, os cometidos con violencia ou intimidación,
contra a comunidade internacional, terrorismo ou tráfico de drogas.
Na súa regulación inclúense só dous grupos de supostos: quen xa foron penados
con anterioridade por algún destes delitos graves e tras saír de prisión
reincidan, e quen cometan por primeira vez unha pluralidade destes delitos.
A custodia de seguridade xa se aplica nestes casos en países como Alemaña,
Reino Unido, Francia, Austria, Suíza ou Dinamarca.
O tribunal establecerá a medida de seguridade en función do perigo do reo na
mesma sentenza na que se fixará a pena de prisión polo delito cometido. Se
cumprida a pena, o tribunal considera que xa non é perigoso, suspenderá a
custodia de seguridade.
Introdúcese, ademais, unha nova regulación da liberdade vixiada (actualmente só
está prevista para delitos sexuais) que se ampliará a máis delitos.
Detención ilegal e delito continuado.
Modifícase a regulación do delito de detención ilegal con desaparición. Nos
casos nos que non se dea razón do ocorrido coa vítima fixarase unha pena única
equivalente á que corresponde ao delito de homicidio. Ademais, regúlanse dous
supostos agravados: cando a vítima é menor de idade e cando estea presente un
móbil sexual na comisión do delito.
Suprimirase a figura do delito continuado para os delitos de natureza sexual, o
que permitirá que estes delincuentes vexan incrementada a pena que se lles
aplica. No resto soamente poderá ser aplicado no caso de accións que se
produzan de forma próxima no tempo.
Liberdade condicional.
Unha das novidades do Código Penal é que a liberdade condicional pasa a ser
regulada como unha suspensión da pena, de tal modo que se, unha vez en
liberdade, o penado volve delinquir, poderá ser devolto ao cárcere para que
siga cumprindo condena desde o momento en que quedou en suspenso.
Aplícase nos mesmos termos nos casos de prisión permanente revisable, cando unha vez cumpridos os anos fixados revísese a súa situación e o tribunal entenda que pode acceder a esta medida.
Aplícase nos mesmos termos nos casos de prisión permanente revisable, cando unha vez cumpridos os anos fixados revísese a súa situación e o tribunal entenda que pode acceder a esta medida.
Amplíase a posibilidade de acceder á liberdade condicional para os que ingresen
por primeira vez en prisión. Os condenados por primeira vez a penas de ata tres
anos e con conduta irreprochable poderán acceder á liberdade condicional a
metade da condena, fronte aos dous terzos actuais.
Aínda que se seguirá podendo solicitar a suspensión da execución dunha condena
polas mesmas causas que actualmente, todas encadraranse nun único réxime de
suspensión, o que evitará a reiteración de trámites e recursos. Outra novidade
é que para axilizar a satisfacción da responsabilidade civil poderase acordar
ou, no seu caso, revogar a liberdade condicional, ao terse en conta se o reo
ocultou bens ou non achegou información sobre os que dispón para non facer
fronte a ese pago.
No caso de estranxeiros, a substitución da pena de prisión pola expulsión do
país axústase ao previsto na Lei de Estranxeiría. Cando as condenas sexan
superiores a tres anos, os tribunais poderán fixar que parte debe cumprir no
noso país e que parte pode ser substituída pola expulsión.
Supresión das faltas.
Co obxectivo de facer efectivo o principio de intervención mínima do Dereito
Penal e de reducir o número de asuntos menores que sobrecargan os xulgados,
decidiuse suprimir as faltas. Manteranse as que son merecedoras de reproche
penal, pero como delitos leves, denominados de escasa gravidade e que estarán
castigados con penas de multa. O proceso que lles corresponderá desenvolverase
na nova Lei de Enjuiciamiento Criminal, na que se está traballando. Mentres
tanto, resolveranse en xuízos de faltas.
As faltas que non merecen reproche penal abandonarán o Código Penal, aínda que
se seguirán perseguindo administrativamente dentro da Lei de Seguridade Cidadá
ou pola vía civil.
Incendios forestais.
Moito celebro a introdución deste apartado que foi demandado con insistencia desde a Xunta e o Parlamento de Galicia e que tiven a oportunidade de reclamar desde a tribuna do hemiciclo do Congreso en xuño do presente ano, coa defensa dunha proposición non de lei, que foi aprobada. aínda que coa abstención de PSOE e BNG.
http://www.blogger.com/blogger.g?blogID=3122486050570533114#editor/target=post;postID=6053274670672218087
Así a reforma do Código Penal contempla un endurecemento das penas para os autores
de incendios forestais que se consideren especialmente graves. A pena prevista
actualmente para estes delitos é de tres a cinco anos de cárcere e, coa
reforma, a pena elevarase ata os seis. Ademais, cando os incendios afecten a
espazos naturais protexidos castigaranse do mesmo xeito que os delitos contra o
medioambiente, o que significa que os seus autores poderán ser castigados coa
pena superior en grao, que neste caso supón nove anos de prisión.
Na mesma liña, a reforma incorporará a posibilidade de impor ao responsable
actuacións orientadas a reparar o dano causado e considerarase a atenuante de
reparación de dano.
O novo Código Penal engade ao catálogo de supostos agravados que contiña o
artigo 353 do vixente os incendios que afecten a zonas próximas a poboacións ou
lugares habitados e a zonas forestais que constitúan o hábitat de especies
animais en perigo de extinción ou de flora ameazada, ou que alteren
significativamente as condicións de vida animal ou vexetal. Tamén se inclúen
como suposto agravado os incendios provocados nun momento no que as condicións
climatolóxicas ou do terreo incrementen de forma relevante o risco de
propagación.
Ademais, modificarase a Lei do Xurado para que estes delitos pasen a ser
competencias de tribunais integrados por xuíces profesionais.