sábado, 8 de septiembre de 2012

Feijóo: “para unha persoa para a que Galicia está por riba de todo non pode haber máis honra que presidir a súa terra”

Esta mañá disfrutei asistindo en Santiago de Compostela o acto de proclamación de Alberto Núñez Feijóo como candidato a presidencia da Xunta polo PP de G.



Nun ateigado Auditorio de Galicia – con máis de 2.000 afiliados e simpatizantes - abriu o acto, alfonso Rueda, o noso secretario xeral e coordinador da campaña, e tamén interviron os catro presidentes provinciais do partido.


E pechou o acto o noso presidente Alberto Núñez, que con forza, humildade e sinceridade non exenta de emotividade, desgranou importantes menxases.


Dixo que “para unha persoa para a que Galicia está por riba de todo non pode haber máis honra que presidir a súa terra”; e por iso agradeceu o apoio recibido para permitirlle aspirar á reelección e asegurou sentirse máis forte, preparado e convencido que nunca.


Afirmou que Galicia volverá adiantarse e cambiar o discurso e a política en España como hai catro anos. Recordou que “en Galicia fomos os primeiros en aplicar unha política de rigor e agora seremos precursores das políticas de crecemento”.


Asegurou que non quere que Galicia se conforme con saír do paso, senón que quere que resolva o seu presente e á vez constrúa un futuro e o faga posible, por iso propuso que apostemos firmemente pola innovación, polo investimento social e polo emprendemento.


Así mesmo, engadiu que “cando un proxecto se limita a tentar impedir o proxecto de outro é precisamente porque non hai un proxecto”. Neste senso, asegurou que “non me presento contra ninguén; preséntome contra a crise e a favor de Galicia”.


Subliñou que os cidadáns están a pagar unha débeda da que non son responsables porque, irresponsablemente, aqueles que debían administrar o seu diñeiro, gastárono sen criterio e agora España sofre as consecuencias dese descontrol, improvisación e deixadez.


Reflexionou sobre que xorden as frustracións e as preguntas de se algún día seremos capaces de corrixir o déficit, de facer fronte ás débedas, de volver a renovar e construír hospitais públicos, centros de saúde ou residencias; as preguntas de se os rapaces poderán ter unha educación máis competitiva e de se algún día poderemos superar esta situación. Para todas esas preguntas, dixo Feijóo que  “a resposta está en Galicia”.


Neste senso, Albertro engadiu que hai case catro anos que Galicia comezou a dar respostas poñéndose como referente do modelo político do PPdeG. Así, desde o primeiro día, os populares na Xunta buscaron que o Goberno gastara o mínimo en si mesmo para gastar o máximo nos cidadáns, buscou unha política económica responsable e buscou controlar o déficit.


Lembrou que grazas a iso, Galicia é agora a comunidade máis solvente e a que afronta as súas débedas en mellores condicións. Así, o que outras comunidades e administracións dedican para pagar os intereses da súa débeda, Galicia emprégao nos seus cidadáns.E recordou que, de feito, non é posible unha boa política social sen unha boa política económica e a política económica.


Rematou decindo que cre na política e, sobre todo, en Galicia que, coas galegas e galegos por riba de todo, e cunha política á súa altura, seguirá superando retos, por difíciles que asemellen.


Nesta liña, pediunos que non se poñan límites, xa que despois de catro anos dedicados a Galicia teñen forza suficiente para seguir traballando pola comunidade.