Compre destacar que no que vai de 2012, Galicia consolidou a senda de aforro farmacéutico, chegando aos 11 millóns de euros mensuais.
Así o afirmou hoxe o presidente Feijóo nunha reunión co Clúster de Saúde, “Se no ano 2011, a prestación farmacéutica en Galicia -cun catálogo de medicamentos que propón que dentro de dous medicamentos iguais se financie o medicamento de menor custe-, supuxo unha eficiencia no sistema sanitario de 102 millóns de euros; no que levamos de 2012, a partires de xullo, que entrou o novo sistema de prestación, o aforro está en 11 millóns mensuais, o que suporá un aforro anual superior a 100 millóns de euros”, afirmou.
O presidente da Xunta resaltou que con este tipo de eficiencias é como se está a blindar o sistema sanitario fronte á crise económica “e vamos seguir traballando neste eido”, garantiu, logo de facer fincapé en que a sostenibilidade do sistema faise todos os días: “Faise cando se decide que se vai a seguir profundando na eficiencia enerxética do consumo, tanto en centros sanitarios de atención primaria como en hospitais. A eficiencia enerxética suporá unha diminución superior ao 20% do gasto en enerxía do Servizo Galego de Saúde. Se consigue centralizando todo tipo de compras e subministración para garantir a equidade da prestación en todos os centros sanitarios, atender as suxestións e propostas dos profesionais e para facer máis con menos. E facer máis con menos é o que intentamos coa prestación farmacéutica”.
Finalmente Feijóo afirmou que non hai unha boa política social sen unha boa política económica e subliñou que o equilibrio das contas públicas, o saneamento da facenda económica “é o que nos permite, en plena crise, non diminuír a actividade senón incrementala; non pechar alas de hospitais senón facer hospitais novos; e contar con máis hospitais, con máis centros de saúde, con máis técnicas diagnósticas e con máis tecnoloxía”.
Sen dúbida unha boa nova que contribue o mantemento do sistema sanitario público de calidade.
Sen dúbida unha boa nova que contribue o mantemento do sistema sanitario público de calidade.