viernes, 21 de septiembre de 2012

Na presentación da candidatura de Ourense ao Parlamento de Galicia



Asistín hoxe en Ourense o acto de presentación dos candidatos da provincia de Ourense ao Parlamento de Galicia, que foi presidido polo líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Interveu en primeiro lugar o Presidente provincial, José Manuel Baltar quen afirmou que a formación política ourensá, está preparada para afrontar este novo reto electoral.

De seguido, falou Jesús Vázquez, que encabeza a candidatura, que dixo que o gberno de Feijóo creu en Galicia e en que podía ser a comunidade que mellor controlara o seu déficit, e Galicia acadouno, así como conseguiu facer fronte aos seus compromisos sen acudir a ningún rescate, seguir sendo a comunidade coas taxas universitarias máis baixas. Sinalou tamén o compromiso coa provincia materializado en infraestruturas viarias, xudiciais, sanitarias, educativas e no apoio as empresas mediante o plan Impulsa.

Pola sua parte, Alberto Núñez Feijóo asegurou, en nome do equipo de candidatos, que se presentan con humildade e coa convicción de que hai solución e saída para Galicia. 

Trátase dun equipo con experiencia de goberno, de xestión e parlamentaria a disposición dos galegos, porque Galicia non ten tempo que perder, e nese equipo hai un goberno con capacidade para gobernar ata o último día desta lexislatura e desde o primeiro día da seguinte.

Dixo ademais, que tamén é un equipo con certezas, que di a verdade, que xestiona a realidade e que conta cos cidadáns e que ten posto o 100% das súas forzas e da súa atención en tratar de sacar este país adiante.

Nese equipo, no que están conselleiros e conselleiras e membros do goberno, actuais e futuros, xestiónase con responsabilidade, con capacidade de anticipación e fai da Xunta un instrumento útil para resolver problemas.

Segundo Feijóo, os candidatos do PPdeG para as vindeiras eleccións conforman un equipo unido cun proxecto común, entre si e cos galegos, e non é outro que Galicia.

Así mesmo, o presidente do PPdeG fixo fincapé en que o Goberno ao que aspiran está nas súas listas e está na rúa porque queren contar con todos os galegos pero non está noutra lista e iso é algo que só pode dicir o seu partido e ninguén máis en Galicia.

Nesta liña, asegurou que os populares non se presentan cun proxecto económico de rigor e responsabilidade para logo cederlle esa responsabilidade a calquera outro partido, senón que por conveniencia propia, non renunciarán ao que cren que máis convén a Galicia.