viernes, 14 de septiembre de 2012

Dinamizar o mercado de aluguer de vivenda


Onte participei nunha  reunión presidida pola secretaria xeral do PP, María Dolores Cospedal, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, na sede central de Génova.

 A cita serviu  para explicar o contido do proxecto de Lei de Flexibilización e Fomento do Mercado de Aluguer de Vivendas e as liñas xerais de próximo Plan Estatal de Vivenda aos conselleiros de Vivenda das comunidades autónomas gobernadas polo PP e aos portavoces do ramo en Andalucía, Asturias, Canarias, Cataluña e País Vasco.

 Igualmente, asistimos á reunión varios deputados e senadores integrados na Comisión de Fomento, que temos entre as nosas competencias as de vivenda.

norma, que agora inicia a súa tramitación parlamentaria, reforma aqueles elementos do marco xurídico e fiscal actual que impiden un funcionamento dinámico do mercado de vivenda de aluguer.

Asó reforza a liberdade de pactos e dá prioridade á vontade das partes e contempla unha redución dos prazos de duración do contrato, a mellora da seguridade xurídica e unha serie de medidas de carácter fiscal.

Tamén coñecemos  os principais aspectos do anteproxecto da nova Lei de Rehabilitación, unha norma que potenciará a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas e que establecerá un camiño cara á reconversión do sector inmobiliario e a construción.

Finalmente abordamos as liñas xerais do Plan Estatal de Vivenda, incluído no Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda (PITVI), e que será presentado na Comisión de Fomento do Congreso pola ministra de Fomento o próximo 26 de setembro.