A noticia económica máis
destacada nos medios de comunicación de hoxe, corresponde ás declaracións
efectuadas onte por Mario Draghi, presidente do Banco Central Europeo (BCE), que
aseverou que comprará débeda soberana dos países da eurozona, aínda que baixo
estritas condicións e a condición de que os gobernos activen os mecanismos de
estabilidade da eurozona co fin de garantir a irreversibilidade do euro e a correcta transmisión da política monetaria a todos os países da eurozona.
Ademais engadiu que deberá ser solicitada e que este programa de compra de
débeda non ten un volume máximo e se levará a cabo ata que se logre
o obxectivo de reducir as primas de risco.
A importante decisión do Banco Central Europeo supón dar unha mensaxe clara e nítida aos mercados de que se fará todo o posible por evitar ataques que poñan en perigo o euro. E que os países con problemas de financiamento que cumpren co déficit e afrontan as reformas necesarias para reducilo contarán co apoio ilimitado do Banco Central Europeo.
A importante decisión do Banco Central Europeo supón dar unha mensaxe clara e nítida aos mercados de que se fará todo o posible por evitar ataques que poñan en perigo o euro. E que os países con problemas de financiamento que cumpren co déficit e afrontan as reformas necesarias para reducilo contarán co apoio ilimitado do Banco Central Europeo.
A realidade é que, esde que se iniciou este ano 2012 España tiña dous
camiños:
Controlar
as súas contas, facer reformas continuas en todos os ámbitos e recuperar a
confianza da Unión Europea;ou seguir
co déficit descontrolado, seguir coas políticas que nos levaron a esta mala
situación e seguir minando a nosa confianza.
Pois
ben, o novo goberno de España ten apostado de forma decidida polo primeiro camiño, é dicir, polas políticas que por
certo ven aplicando a Xunta de Galicia dende hai xa máis de tres anos e medio
porque son a mellor maneira de garantir a solvencia e o futuro do noso país.
Polo tanto a decisión do Banco
Central Europeo demostra que ese é o camiño correcto. Que, o control do déficit é fundamental e, así
como Galicia cumpre co déficit e non precisa axuda que outras comunidade si
necesitan, España, se segue coa senda emprendida de reformas, tampouco terá
problemas de financiamento. E iso será
así porque, se fora necesario, contará co apoio inequívoco e ilimitado do BCE, eliminando
calquera dúbida sobre a nosa capacidade de obter financiamento e solvencia.
Dicir tamén que hoxe Soraya
Saénz de Santamaría e en relación ao anuncio de onte do Banco Central Europeo e
a solicitude dun posible rescate, pediu calma e a máxima prudencia: "Son
decisións que teñen implicacións importantes para o noso país e para o noso
futuro; e este Goberno analizarao con rigor, con detalle e sopesando todos e
cada un dos elementos".
Ademais a Vicepresidenta cualificou como positivas as palabras de Draghi, aínda que dixo que se debe esperar ás próximas semanas, cando se celebrarán novas reunións do Ecofin e do Eurogrupo para tomar algunha decisión.
Agardaremos.
Agardaremos.