Publica hoxe o diario a Voz de Galicia,
unha consulta de Sondaxe relacionada coa proposta do PP de G de reducir o
número de escanos no Parlamento de Galicia, pasando así de 75 a 61, é dicir 14
menos.
Así, segundo os consultados, ao 67,3 % a redución de deputados exposta polo presidente da Xunta parécelles ben ou moi ben, fronte ao 15,8 % que consideran mala ou moi mala.
Demostran estos resultados que o PPdeG unha vez máis plantea propostas
que están en liña co que demandan os cidadáns.
A rebaixa de
deputados é unha medida que respecta o noso Estatuto de Autonomía e que indudablemente reduce os custes do legislativo
galego nun momento económicamente moi complicado no que se demandan esforzos a
todos e austeridade no ámbito público institucional.
A sociedade galega así o entende e segundo esta enquisa
avalaría esta proposta de redución.
Por tanto, a previsión do PP de G é incluir esta medida no
seu programa electoral como un compromiso para a próxima lexislatura.
Lembrar tamén que o PP cumpriu coa súa promesa de
austeridade e aforro neste mandato, reducindo os custos de funcionamento da
Xunta e do Parlamento sen minguar a súa eficiencia. Pero indudablemente pódese
dar un paso máis, sen merma da democrática representación dos electores.
Escoitaremos pois nas urnas o
vindeiro 21 de outubro que queren as galegas e os galegos tamén sobre esta
materia.