A sesión plenaria da próxima semana comezará o martes 25 de setembro ás 16:00 horas co debate de toma en consideración de dúas proposicións de lei. A primeira delas, presentada polo Grupo Parlamentario de Unión, Progreso e Democracia, é a proposta de Lei Orgánica para previr e erradicar a discriminación lingüística e asegurar a liberdade de elección de lingua.
A outra proposición de lei versa sobre a mellora da accesibilidade nas comunidades de vivendas, e foi presentada polo Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV).
O Pleno continuará co debate de dúas proposicións non de lei. O primeira delas, rexistrada polo Grupo Parlamentario de Unión, Progreso e Democracia, é para a racionalización do réxime retributivo dos cargos políticos electivos mediante un sistema obxectivo, coherente e transparente a nivel nacional.
A sesión plenaria do martes concluirá coas mocións consecuencia de interpelacións urxentes do Grupo Parlamentario Mixto sobre o aproveitamento dos alimentos descartados polas grandes superficies; do Grupo Parlamentario de Unión, Progreso e Democracia, sobre os propósitos do Goberno en relación ao acceso dos estudantes españois na súa etapa de educación obrigatoria a unha alimentación nos centros escolares que permita o pleno desenvolvemento do dereito á educación regulado na Constitución española; e do Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV), sobre a creación dun Fondo Verde de investimentos para xerar crecemento e emprego.
O mércores, ás 9:00 horas, terá lugar a habitual sesión de control ao Goberno coas preguntas formuladas polos grupos parlamentarios ao Executivo e as interpelacións.
O Pleno finalizará con debate de totalidade do Proxecto de Lei de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e de adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra a fraude.
Polo que á actividade de comisións, apuntar que a Comisión de Fomento que presido, reunirase o mércores, día 26, ás 16,00 horas, para acoller, a petición propia, a comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor, que informará sobre o Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda 2012-2024 presentado no Consello de Ministros na reunión celebrada o día 03/08/12.