martes, 25 de septiembre de 2012

Xornada sobre o futuro das Camaras de Comercio, Industria e "Servizos"


Esta mañá asistín a unha xornada sobre o Futuro das Cámaras de Comercio, organizada conxuntamente polo Consello Superior de Cámaras e a Cámara de Madrid.

A intervención final foi a do Secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz, que afirmou que as Camaras terán un papel central para rexenerar o tecido empresarial e produtivo, un 15%  que se destruíu desde 2008 e que por iso se converterán no Portelo Único Empresarial das Pemes e prestarán servizos aos emprendedores que queiran pór en marcha un novo negocio.

Así mesmo, o Secretario de Estado anunciou que a nova Lei de Cámaras verá a luz antes que acabe este ano e que en 2013 as Cámaras terán un horizonte claro e serán fundamentais para a recuperación económica.

Detallou os puntos  fundamentais  que contemplará a nova Lei:

- As Cámaras manterán a súa natureza de Corporación de Dereito Público

- As direccións territoriais do ICEX intégranse nas Cámaras  de Comercio.

- A prestación de servizos ás pemes debe ser o obxectivo das Cámaras, que están chamadas a xogar un papel esencial no recoñecemento social do emprendedor e no cambio de mentalidade dos mozos cara ao emprendimento.

- As Cámaras de Comercio converteranse en ferramentas de difusión da Formación Profesional Dual.

- Mediación e arbitraxe. As Cámaras serán sedes naturais de mediación para desconxestionar os xulgados.

- Apoio á internacionalización como instrumento complementario ás políticas gobernamentais para vender máis e mellor no exterior. España está moi endebedada, o sector exterior vai ben, pero ten que ir mellor: sumar á base exportadora un maior número de pemes. Falta base  Exportadora, por iso apoiarémonos nas Cámaras pola súa capilaridade, recalcou.

- Cambio de denominación: pasaran a denominarse, Cámaras Oficiais  de Comercio, Industria e Servizos.

- Transformación do Consello na Cámara de Comercio de España, que servirá para vertebrar toda a rede exterior de Cámaras que, actualmente non responde a directrices homoxeneas. Seguirase o modelo austriaco e servirán de apoio as Oficinas comerciais españolas.

Espero a chegada ao Congreso do anunciado proxecto de lei que tras a súa tramitación parlamentaria deberá outorgar ás Camaras un novo marco xuridico tras a aprobación do Real Decreto-Lei 13/2010 que permita que estas institucións que existen en todos os países do mundo, sigan desenvolvendo funcións e servizos con eficiencia e eficacia ao servizo das empresas.