Na sesión de control ao Goberno celebrada hoxe pola mañá no Pleno do Congreso, a ministra de Emprego, Fátima Báñez, pediu aos socialistas que non dean leccións ao PP de como actuar coas pensións porque os únicos que conxelaron as pensións cando gobernaban, foron os socialistas en 2011.
Báñez respondía así a unha pregunta da deputada socialista Laura Seara, á que lle recordou que o Goberno do PP, responsablemente, revalorizou as pensións en 2012 e farao en 2013 a pesar da crise.
"Os únicos que conxelaron as pensións foron vostedes en 2011, pero ademais eliminaron os 400 euros aos maiores, subiron todas as taxas e prezos públicos e subiron a idade de xubilación dos 65 aos 67", dixo a ministra. E engadiu: "Que máis recorte nas pensións pódese facer".
Ao meu xuízo é lamentable que os socialistas sigan querendo enganar aos pensionistas dicíndolles que lles van a baixar as pensións, cando a realidade é que os PGE do 2013 inclúen unha subida do 1% para os máis de 700.000 pensionistas galegos que se poderá facer grazas a un gran esforzo e a ter que utilizar, como a propia ministra explicou, 3.063 millóns do Fondo de Reserva da Seguridade Social porque a herdanza que deixou o PSOE foi a caixa en números vermellos.
A ministra de Emprego informou que o Goberno pagará este ano 150 millóns de euros en pensións en Galicia, mentres que os socialistas en 2011 non as revalorizaron e por iso os pensionistas galegos deixaron de recibir 148 millóns que tiñan que cobrar.
A ministra de Emprego informou que o Goberno pagará este ano 150 millóns de euros en pensións en Galicia, mentres que os socialistas en 2011 non as revalorizaron e por iso os pensionistas galegos deixaron de recibir 148 millóns que tiñan que cobrar.
Ademais, a ministra subliñou que mentres o Goberno socialista de Madrid conxelaba as pensións contributivas aos galegos en 2011, o goberno do PP de Alberto Núñez Feijóo en Galicia subía un 3% as pensións non contributivas. "Esa é a diferenza", espetou Báñez.
Engadiu que espera que os galegos saiban diferenciar entre quen no primeiro axuste, en 2011, optaron por conxelar as pensións como primeira medida e quen a pesar da gravidade da situación actual fan o esforzo de subilas un 1%.
A ministra tamén dixo que o Goberno socialista, a pesar de que a Seguridade Social tivo un superávit de 10.300 millóns en 2008 e outro de 4.000 millóns en 2009, non dedicou un só euro á denominada hucha das pensións, polo que hoxe o fondo de reserva podería ter 15.000 millóns máis que virían moi ben para utilizar agora en favor dos pensionistas se os socialistas non os malgastaron.
Báñez recordou aos socialistas que cando en 1996 o PP chegou ao Goberno atopouse cun déficit de 500.000 millóns das antigas pesetas na caixa das pensións que tivo que solucionar e acusou ao PSOE de volver a facer o mesmo cando deixaron o poder en 2011.