viernes, 5 de octubre de 2012

Autonómicas 2012: Feijóo, pide o voto “da estabilidade, a unidade e o crecemento para que Galicia poda seguir respondendo primeiro aos retos con solucións”


Ás 0,00 horas de hoxe, tivo lugar o acto de apertura de campaña dos populares galegos en diversas localidades de Galícia.

En Compostela, o presidente do PPdeG e candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo recordou que Galicia e os galegos foron os primeiros en rigor das contas públicas, en control do déficit, en solvencia, en sumar novas prazas públicas de gardería e en renovar e construír hospitais públicos e centros de saúde e engadiu que “somos os primeiros en responsabilidade e seremos os primeiros en crecemento e na recuperación económica”.



Lembrou que “ao longo destes catro anos, Galicia anticipouse ao resto de España e agora Galicia está por diante. Está máis preparada ante a crise, ante a desconfianza, ante a inestabilidade e para a recuperación”, dixo. “Galicia fixo antes os deberes: Ten menos déficit, menos débeda e menos paro que España, pero nin me conformo nin podemos conformarnos”, engadiu.


Feijóo sinalou que Galicia vai por diante pero tamén dixo que hai demasiados cidadáns que padecen problemas aos que hai que facer fronte. “Eles son o primeiro para nós”, apuntou.


“Por iso controlamos as contas; para que as contas non nos controlen a nós. Por iso somos a Comunidade con menos déficit, para que non se cargue sobre os cidadáns as débedas de políticos irresponsables. E por iso nos esforzamos en ser a CCAA máis estable e solvente de España”, para que o goberno galego poida abordar eses problemas con máis capacidades, engadiu.


Tamén dixo que “a miña única coalición é coas galegas e os galegos, e por iso vos pido o voto da unidade. Preséntome coa capacidade de desenvolver un proxecto ata o último día desta lexislatura e desde o primeiro día da nova lexislatura, e por iso vos pido o voto da estabilidade. Non me presento contra ninguén senón contra a crise económica, e por iso vos pido o voto a favor do crecemento de Galicia”, apuntou o presidente do PPdeG.


Feijóo asegurou que pide o voto “para que Galicia siga sendo a resposta política, de toda España, ante as dificultades”.


O presidente dos populares galegos apostou por fixar obxectivos ambiciosos: “era ambicioso, na nación que asusta a Europa polo seu déficit, ter un déficit menor que o conxunto de Europa e fomos quen; son consciente de que é ambicioso, nun momento como este, poñerse como obxectivo crecer. Pero eu vos digo que tamén seremos quen

http://www.youtube.com/watch?v=jatXvktPIGA&feature=player_embedded