Acabo de regresar do mitin central da campaña do PP de G, celebrado na Praza de Touros de Pontevedra, onde ademais de Feijóo, tamén interviu o presidente do PP e do Goberno Mariano Rajoy, e o presidente de honra do PPdeG, Gerardo Fernández Albor.
Nada menos que 12.000 persoas vidas das catro provincias ateigaron o coso pontevedrés, e que disfrutaron tamén da canción da campaña "Veña Galicia· composta polos "Limones", que podes escoitar premendo este enlace:
http://www.youtube.com/watch?list=UUYeLanhAGJ6ERUJbJKq8ydw&v=r-8aE_sZ8Co&feature=player_embedded
http://www.youtube.com/watch?list=UUYeLanhAGJ6ERUJbJKq8ydw&v=r-8aE_sZ8Co&feature=player_embedded
Mariano Rajoy, no seu discurso asegurou
que "Galicia foi a primeira en afrontar a crise e será a primeira en saír
dela. Alberto Núñez Feijóo foi capaz de ver a crise cando outros aínda vivían
nun mundo feliz; o primeiro en facer un diagnóstico preciso do que estaba
pasando en Galicia e no resto de España; e o primeiro, no ano 2009, en tomar as
decisións que había que tomar. Se outros fixesen o mesmo ao seu tempo, non
estariamos na situación pola que estamos pasan" engadiu.
O presidente do Goberno e do PP
destacou que a Xunta, con Alberto Núñez Feijóo á cabeza, fixo os seus deberes e
explicou que nuns momentos difíciles -onde a xente, as empresas e as
Administracións teñen menos diñeiro- "souberon controlar o déficit
público, son a Comunidade Autónoma con menos déficit e souberon priorizar as
políticas"
"En Galicia págase aos
provedores; non tivo que endebedarse nin pedir créditos nin préstamos ao
Estado; atendeuse como ninguén ás persoas; abríronse centros de saúde e
hospitais públicos mentres outros, desgraciadamente, tiveron que pechalos; hai
máis centros educativos plurilingües e antes de chegar Feijóo non había ningún;
melloráronse os servizos sociais; e fíxose un esforzo para atender ás persoas
máis débiles. Iso é gobernar, tomar decisións e achegar solucións nos momentos
difíciles. Para facer o que está fácil, vale calquera", subliñou.
Doutra banda, Mariano Rajoy pediu
a todos os membros e militantes do Partido Popular que vaian votar o próximo 21 de outubro. "Teremos a maioría e volveremos gobernar se imos votar, porque xa temos un
partido, un programa e unha xestión que avala ese programa e ao mellor
candidato de todos", reiterou Rajoy, quen engadiu que o Partido Popular
sempre gañou as eleccións en Galicia porque "somos o partido dos
galegos"
Neste sentido, asegurou que
"aspiramos a gobernar en coalición cos galegos. Só pactamos con eles
antes, durante e logo das eleccións. O que vota ao Partido Popular sabe a quen
vota, sabe cal é o seu programa e sabe cal é o candidato que está sentado aquí.
O Partido Popular é un valor seguro" apuntóu.
Para o presidente do Goberno e do
PP, Galicia non pode repetir vellos erros con bipartitos, tripartitos ou
"coalicións produto de divisións, mal avenidos, con ideas distintas e
programas diferentes". Así mesmo, Mariano Rajoy advertiu Galicia non pode
ter un partido distinto en cada Consellería porque "así non se pode
gobernar"
"Un goberno é unha cousa moi
seria e non unha torta que se reparten catro ou cinco comensais. Iso non é un
goberno. Galicia necesita ter unha man firme ao temón e non cinco ou seis mans
disputándose o temón. Votar a Alberto Núñez Feijóo é votar estabilidade e
confianza; é votar a saída da crise, a recuperación económica e a creación de
emprego; é apostar pola unidade de todos os españois porque se necesita esa
unidade para que todos saiamos xuntos da crise na que nos meteron algúns que agora
veñen contarnos a súa vida”, finalizou.
De seguido inteveu o presidente do
PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen afirmou que se sente “orgulloso de que os
galegos e as galegas vaiamos facer a coalición democrática da maioría absoluta
en Galicia”.
Asegurou que é mérito do pobo
galego que Galicia sexa hoxe o guieiro de España, como líder no camiño da
recuperación xa que foi algo que se acadou grazas aos galegos.
Deu as grazas ao persoal
sanitario, porque o Sergas é un dos mellores servizos sanitarios de Europa; aos
profesores, polo seu esforzo por aprender cada día para poder ensinar mellor
reducindo o fracaso escolar; aos funcionarios e empregados públicos, porque
acreditaron que hoxe a Xunta é unha das Administracións máis solventes de
España; ás persoas do rural e do mar, porque o seu traballo é sinónimo da
calidade dos productos galegos; e a todos aqueles que invisten en emprego en
Galicia.
Por iso, Feijóo pediulles “que
ninguén vos quite o mérito de facer unha Galicia que é o modelo de
España”.
Segundo apuntou, as galegas e os
galegos, xuntos, se seguimos así, dentro de catro anos “celebraremos a
recuperación económica de Galicia nesta praza”.
Lembrou que Galicia foi a primeira
en acadar o rigor das contas públicas, en controlar o déficit, en solvencia, en
sumar prazas públicas de gardería, en renovar e construír hospitais públicos e
centros de saúde e en responsabilidade.
Debido a que o Goberno galego se
anticipou ao resto de España, Galicia está por diante e está máis preparada
para a recuperación e en mellores condicións para poder encarar o futuro.
O candidato do PPdeG pediu o voto
para que Galicia siga primeiro e para que a Galicia que se enfrontou primeiro á
crise con responsabilidade agora sexa a que primeiro afronte a recuperación.
Neste senso, destacou que a única
coalición do PPdeG é cos galegos, por iso pediu o voto da unidade. Ademais,
Feijóo asegurou que se presenta coa capacidade de desenvolver un proxecto ata o
último día desta lexislatura e desde o primeiro día da nova, polo que pediu
tamén o voto da estabilidade.
Por outra banda, matizou que non
se presenta contra ninguén senón contra a crise económica, polo que pediu o
voto a favor de Galicia, para que xuntos se poidan seguir vencendo problemas
como xa se fixo con outros que aínda padecen outras comunidades.
Trátase, polo tanto, do voto da
recuperación, para que Galicia siga primeiro e siga sendo a resposta política,
de toda España, ante as dificultades.
Tamén aproveitou para facer
fincapé en que Galicia respondeu con exemplaridade, esforzo, responsabilidade e
compromiso neste tempo e apuntou que, neste tempo, limitouse a actuar como
farían os galegos e a non facer o que non farían os galegos, xestionando sempre
con “sentidiño”.
Así pois, o Goberno de Feijóo
aplicou “sentidiño” cun equipo unido e cun proxecto; e non cinco partidos a
repartir asentos. Puxo tamén “sentidiño” para que o goberno gastara menos en si
mesmo e puidera investir o máximo nos cidadáns, para facer máis con menos e
para que os galegos non teñan que pagar o que a irresponsabilidade política
deixa a deber.