Estamos en plena campaña electoral e onte estiven na comarca de Valdeorras, primeiro no mitin de O Barco e logo no de A Rúa.
No primeiro abriu o acto o candidato Moisés Blanco Paradelo, seguido de José Manuel Baltar, presidente provincial e do primeiro candidato, Jesús Vázquez, quen fixo un repaso aos investimentos na comarca e destacou os feitos que acreditan a solvencia da nosa Comunidade Autónoma.
Pechou o acto o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen afirmou “hai quen cre que avanzar é separarse e eu creo que avanzar é adiantarse”. “Dicir máis Galicia non pode significar menos España”, dixo.
No primeiro abriu o acto o candidato Moisés Blanco Paradelo, seguido de José Manuel Baltar, presidente provincial e do primeiro candidato, Jesús Vázquez, quen fixo un repaso aos investimentos na comarca e destacou os feitos que acreditan a solvencia da nosa Comunidade Autónoma.
Pechou o acto o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen afirmou “hai quen cre que avanzar é separarse e eu creo que avanzar é adiantarse”. “Dicir máis Galicia non pode significar menos España”, dixo.
Para Feijóo, cunha simple ollada á situación de Galicia no Estado das
Autonomías hai catro anos e á actual situación, pódese apreciar cómo Galicia
ten avanzado como autonomía e referente das comunidades durante esta
lexislatura.
Deste xeito, se hai catro anos
esta comunidade só era exemplo de estridencias, discusións e despilfarros, hoxe
é unha autonomía referente. “Hai catro anos éramos o exemplo a evitar e hoxe
somos o modelo a seguir”. “Todas as autonomías, sexan do partido que sexan,
seguen o camiño de Galicia como saída á crise e todos os presidentes, do PP,
socialistas e nacionalistas, coincidiron en que, para saír da crise, é preciso
imitar o que Galicia vén facendo durante esta lexislatura”, dixo.
Así, “todas as comunidades
pactaron unha estratexia ante as institucións europeas, que é a de Galicia
desde hai catro anos; todas pactaron traballar por cambiar o financiamento autonómico,
como reclama Galicia desde hai anos; todas acordaron reducir a administración
paralela e eliminar duplicidades, como vén facendo Galicia desde hai catro
anos; e todas quedaron en cumprir o déficit público, como Galicia, a única que
o fixo nestes últimos anos”.
Galicia é hoxe máis autonomía
que hai catro anos: “saíu do anecdotario nacional e encabeza a recuperación en
España. Non é máis autonomía por obrigar a ninguén a falar un determinado
idioma, por abanear bandeiras estreladas nin por dicir que somos menos España,
senón porque mantén todas as súas capacidades e depende só de si mesma”,
apuntou o presidente.
Segundo Feijóo, Galicia non está
tutelada, non ten que pedir ningún rescate e desenvolve todas as súas
competencias; por iso, concluíu, non hai mellor forma de ser español que ser
galego.
Tamén o presidente do PPdeG fixo
alusión á tertulia, que non debate, que mantiveron os candidatos socialista e
nacionalista o outro día na televisión onde a frase máis escoitada polo representante
do PSOE era “totalmente de acordo con
vostede”. Feijóo bromeou dicindo que houbo quen dixo que o PSOE estaba tan entregado
que se o nacionalista lle chega a pedir a independencia tamén lle respostaría o
mesmo, “totalmente de acordo con vostede”.
Nesta liña, asegurou que el non
quere un ‘trágala’ para gobernar nin ter que verse forzado a dar a razón a
ninguén máis que aos galegos.
Non obstante, afirmou que se
pode dar a razón aos nacionalistas e socialistas é cando din que hai partidas
nas que os populares deixaron de gastar. “Si, deixei de gastar nesta
lexislatura nun presidente e un presidente bis, nun goberno co dobre de altos
cargos porque había dous partidos nel, deixei de gastar en 60 delegacións
provinciais para que houbera postos para contentar a todos, en dous
departamentos diferentes de linguas ou en dous departamentos diferentes de
enquisas; ou sexa, en todos os departamentos duplicados”.
Segundo Feijóo, con 3.000
millóns de euros menos de orzamento, agora Galicia conta con máis prazas de
gardería, de residencia, de centros de día e para persoas con discapacidade,
máis hospitais e centros de saúde en construción, máis ordenadores no ensino
público, máis aprendizaxe de inglés, máis pensións non contributivas e catro
veces máis dependentes atendidos. É dicir, máis con menos.
Por iso, Feijóo sentenciou que
mentres outros queren un goberno máis grande cunha Galicia máis cativa, el
quere un goberno máis cativo cunha Galicia máis grande.
Lembrou que
Galicia se adiantou a España en facer fronte á crise, en controlar o déficit e
en solvencia e asegurou que vai adiantarse tamén ao resto do Estado en saír da
crise, en recuperación e en crecemento, tanto laboral, como económico, social e
autonómico.
Feijóo lembrou que quedan
problemas aos que facer fronte aínda que Galicia é hoxe máis forte e está máis
preparada ante as dificultades.
Por iso, se parecía imposible
que os afectados polas preferentes recuperaran o seu diñeiro; estase acadando.
E se parecía imposible que se volvesen construír barcos nas rías de Ferrol e
Vigo, que Clesa puidera saír adiante, que Alcoa volvese a ser competitiva ou
que Galicia controlase o déficit, acadouse. Contra o que parece imposible, en
palabras de Feijóo, está Galicia. Agora hai capacidade de resolución.
Ramatado ese mitín, comezamos as 21,45 o mítin na Rúa, onde ademais dos anteriores oradores falou o seu alcalde Avelino García Farredal quen temán fixo un repaxo das actuacións ao frente do Concello e resaltou o bo funcionamento dos servizos públicos autónomicos pese a fonda crise. Neste senso referiuse ao Hospital Comarcal que dirixe María Jesús Magadán, como un exemplo de boa xestión.
http://www.youtube.com/watch?v=kUJmXw1W2EM
Ramatado ese mitín, comezamos as 21,45 o mítin na Rúa, onde ademais dos anteriores oradores falou o seu alcalde Avelino García Farredal quen temán fixo un repaxo das actuacións ao frente do Concello e resaltou o bo funcionamento dos servizos públicos autónomicos pese a fonda crise. Neste senso referiuse ao Hospital Comarcal que dirixe María Jesús Magadán, como un exemplo de boa xestión.
http://www.youtube.com/watch?v=kUJmXw1W2EM