Compre salientar que hoxe no Consello da Xunta a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, presentou un informe que sinala que a Comunidade galega foi a segunda autonomía que Galicia: a mellor Comunidade que executou os seus investimentos durante os primeiros seis meses do ano, cun 45,8%, e foi capaz de compatibilizar isto cunha maior porcentaxe de pagamentos do comprometido, 14 puntos máis que a media de comunidades.
Asemade se sinala que Galicia foi a segunda comunidade que maior porcentaxe de gasto non financeiro destinou neste período a investimentos, un 14%, case sete puntos máis que o conxunto de autonomías.
No caso de transferencias de capital, Galicia tamén está entre as comunidades que maior porcentaxe executou entre xaneiro en xuño, en concreto a cuarta con 13,4 puntos superior á media; e entre as que mellor as pagou, con 14,4 puntos mellor que o resto.
Con estes datos, Galicia foi a terceira comunidade con maior porcentaxe de execución de gasto de capital (capítulos VI e VII) cun 42,5%, máis de 16 puntos superior á media; comportamento similar no caso dos pagamentos, case 15 puntos mellor que o conxunto de autonomías.
Por outra banda, tendo en conta o total do gasto non financeiro, Galicia foi a segunda autonomía que tivo unha maior execución no segundo trimestre do exercicio, cun 50%, case cinco puntos superior á media, situándose entre as únicas catro que executaron máis recursos en relación ao mesmo período de 2011. Igualmente neste caso o nivel de pagamentos foi mellor en Galicia en case catro puntos.
Estes bos resultados débense á situación de solvencia da Facenda galega, que tivo liquidez e puido financiarse no mercado, xa que non precisou nese período acudir ao mecanismo especial habilitado polo Estado para o pagamento a provedores nin precisará agora botar man do fondo de liquidez autonómica que porá en marcha o Goberno central.
Unha excelente noticia para Galicia.