martes, 2 de octubre de 2012

Descenso do paro rexistrado en Ourense


Hoxe coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro.

Son os seguintes:

Ourense:

Descende o paro rexistrado en 5 persoas, un levísimo descenso do 0,02 %, pero unha boa nova tendo en conta que o paro medrou en España nun 1,72%. O numero de parados queda en 27.916, deles 13.287 son homes e 14.629 mulleres, 25.731 son maiores de 25 anos e 2.185 menores.

Por sectores, 974 son da agricultura, 4.084 da industria, 4.312 da construción, 15.788 nos servicios e 2.758 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en 2.106 persoas con respecto a agosto (un 0,82 %). O numero de parados queda en 259.373, deles 125.697 son homes e 133.686 mulleres, 239.700 son maiores de 25 anos e 19.673 menores.

Por sectores, 6.860 son da agricultura, 37.891 da industria, 42.373 da construción, 148.543 nos servicios e 23.706 do colectivo sen emprego anterior.

No mes de setembro aumentou o paro en todas as CCAA, agás en dúas (Castela a Mancha e a Rioxa). Das CCAA nas que sube o paro, Galicia é a segunda onde menos se incrementa en valores relativos. (só sube menos en Canarias, nun 0,05%). Galicia é a sexta CCAA onde menos sube o paro interanual en termos relativos. Este incremento é inferior ao rexistrado nos últimos catro anos.

Salientar ademais que o crecemento do paro en España en setembro  é do dobre que en Galicia.


 España:

O paro medrou en setembro en 79.645 persoas, un 1,72 %. Queda situado en 4.705.279 persoas. Deles 2.323.688 son homes e 2.381.591 son mulleres, 4.238.496 son maiores de 25 anos e 466.783 menores.

Por sectores, 160.790 son da agricultura, 526.703 da industria, 757.448 da construción, 2.882.154 nos servicios e 378.184 do colectivo sen emprego anterior.

Estes datos non son positivos, pero xa se encadean catro meses nos  que o ritmo de destrución de emprego descendeu respecto de 2011.  Desde maio, a destrución de emprego en dato interanual tense desacelerado.

De manterse esta tendencia, a destrución de emprego para finais de ano  será moi inferior á prevista polo Goberno.

O Goberno estimou nos PGE a destrución de 650.000 postos de traballo  para este ano, pero con este ritmo, non chegará aos 500.000, grazas á  reforma laboral e a pesar da grave situación económica.

Na recesión de 2009 destruíronse 1.300.000 postos de traballo nun  ano: coa actual tendencia esta cifra previsblemente non chegará ao medio millón.

Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.