Hoxe
na sede do Partido Popular de Ourense os deputados e senadores demos unha rolda
de prensa para difundir o contido e alcance os PGE en España, Galicia e Ourense.
Así no caso de Ourense o investimento ascende a 550.282 millóns de
euros, dos que 17.796 millóns corresponden aos Ministerios e 532.486 millóns ás
Sociedades e outros organismos.
E que o investimento per cápita de Fomento en Ourense é máis de 9 veces superior á media
nacional, sendo a 2ª provincia con maior investimento per cápita de Fomento a
nivel nacional.
Lembrei que continúan
avanzando as obras da liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo (por
Cerdedo) cunha dotación total para liña de 882,4 M€. O investimento previsto
nesta provincia é de case 497 M€, e inclúe a dotación necesaria para levar a
cabo a redacción dos proxectos básicos da nova liña entre Ourense e Vigo por
Cerdedo.
Dixen que continúase traballando co Concello de Ourense e a Xunta de
Galicia nos accesos de integración ferroviaria. O seu orzamento está incluído
nos 497 M€ antes referenciados.
Resaltei o compromiso do Goberno de Rajoy e de ana Pastor con corredor Noroeste de alta Velocidade que recibe nestes orzamentos 1.079,21 M€, superior aos 1.019,31 do Corredor Mediterráneo e aos 676,46 M€ do Corredor Norte.
Ana Vázquez repasou os investimentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que dos 2.036 millóns de euros consignados en Galicia, adica 2.000 millóns as obras do Arquivo e a Biblioteca Pública de Ourense. Tamén referiuse a partida para o sostemento da Real Academía Galega que será paritaria coa catalana e a vasca.