Aprobamos hoxe no Pleno do Congreso dos Deputados o ditame do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013, que agora continúa a súa tramitación no Senado.
No caso de que a Cámara Alta non acorde ningunha modificación, quedarán definitivamente aprobados, e se se inclúe algunha emenda, o texto deberá volver ao Congreso para que este decida en Pleno se ratifica ou revoga eses cambios.
O debate do Ditame da Comisión de Orzamentos e as emendas que se mantiveron vivas para ser votadas en Pleno iniciouse o luns, 12 de novembro as 16,00, ; e renovouse o martes ás 9,00 e o mércores, á mesma hora.
En total, o Pleno da Cámara Baixa aprobou sete emendas. Na votación do martes, a Cámara Baixa incorporou cinco emendas ao proxecto de Orzamentos, dúas acordadas con CIU; unha do PNV e dous, co mesmo texto, do Foro Asturias e UPN; e hoxe mércores aprobouse unha pactada con CIU e outra acordada con UPN. O resto das emendas votadas quedaron rexeitadas