Temos que celebrar que o Ministerio de Fomento con data 29 de outubro de 2012
resolvese a adxudicación do contrato para a redacción dos proxectos de trazado e
construción: Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo - O
Barco de Valdeorras.
Un viario moi necesario para mellorar a seguridade viaria e así desconxestionar a vila do Barco de Valdeorras do tráfico pesado de camións que
trasladan a lousa desde as canteiras existentes na comarca ata a estrada
nacional 120.
O contrato foi adxudicado por 1.069.000 €, IVE incluído a "Euroconsult Ayesa".
Esta empresa disporá para executar os traballos un máximo
de 24 meses a contar desde a firma do contrato que previsiblemente se asinará
este mes.
A lonxitude aproximada do tramo é de 5,7 Km. Ao longo do
trazado prevense dous enlaces. Está previsto 8 estruturas das cales 5 son
viadutos, 1 paso superior e 2 pasos inferiores. O orzamento estimado desta obra
é de 33,8 millóns de euros.
Esta noticia prodúceme unha gran
satisfacción pués levo duas lexislaturas impulsando e controlando este proxecto.
Hai que recordar que o Goberno do Partido Popular, sendo presidente
Aznar, en novembro de 2003 solicitou a orde de estudo para a realización do
Estudo Informativo que foi resolta pola Dirección Xeral de Estradas do xa novo
Goberno socialista o 16 de setembro de 2004.
Houbo que esperar ata o
12 de xuño de 2009, para que o Ministerio de Fomento aprobase definitivamente o
estudo informativo desta estrada e despois agardar dous anos máis, para que o 2 de
agosto de 2011 licitásese a redacción do proxecto.
Todo un record de
atrasos, o acumulado nestes oito anos anteriores de Goberno socialista.
A realidade é que o novo Goberno, que cumpriu onte o seu primeiro ano de
mandato, e tras a aprobación dos PGE para 2012 cumpriu o prometido pola ministra
Ana Pastor e licitou o contrato para a redacción dos proxectos de trazado e
construción desta conexión.