lunes, 5 de noviembre de 2012

En outubro medrou o paro rexistrado


Hoxe coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro.


 
 

 

Son os seguintes:

Ourense:
 
Medra o paro rexistrado en relación co mes anterior en 1.273 persoas, un incremento notable do 4,56 %, superior a media galega e nacional.
 
O numero de parados queda en 29.189, deles 14.029 son homes e 15.160 mulleres, 26.947 son maiores de 25 anos e 2.242 menores.
 
Por sectores, 984 son da agricultura, 4.190 da industria, 4.340 da construción, 16.546 nos servicios e 2.704 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:
 
O paro rexistrado de Galicia medrou en 8.439 persoas con respecto a setembro (un 3,25 %). O numero de parados queda en 267.812, deles 130.339 son homes e 137.473 mulleres, 248.257 son maiores de 25 anos e 19.555 menores.
 
Por sectores, 6.087 son da agricultura, 38.252 da industria, 42.798 da construción, 155.022 nos servicios e 23.157 do colectivo sen emprego anterior.
 
Trátase duns datos negativos.  Cabe lembrar que outubro é un mes onde se rexistran tradicionalmente incrementos do desemprego e salientar que  este aumento mensual –en termos relativos- é o máis baixo rexistrado nun mes de outubro desde 2006.
 
A evolución interanual é mellor que a rexistrada na media do Estado. En Galicia, este aumento foi do 10,6 por cento, dúas décimas por debaixo da media estatal (+10,84%).
 
Se se analizan os datos de desemprego en Galicia por sectores, obsérvase que o sector servizos é o que acumula unha maior subida (+ 6.479 parados), debido ao remate definitivo dos contratos da tempada estival. A continuación sitúase a agricultura e a pesca (+1.723 desempregados); a construción (425 máis) e a industria (+361). Pola súa banda, o número de parados rexistra un descenso no colectivo sen emprego anterior (-549).
 
Por provincias, o desemprego incrementouse neste mes en todas elas. Onde máis subiu foi en Pontevedra (+3.865); seguida pola Coruña (+2.217); Ourense (+1.273) e Lugo (+1.084).
 
 España:

O paro medrou en outubro en 128.242 persoas, un 2,73 %. Queda situado en 4.833.521 persoas. Deles 2.392.696 son homes e 2.440.825 son mulleres, 4.346.134 son maiores de 25 anos e 487.387 menores.

Por sectores, 185.191 son da agricultura, 535.591 da industria, 753.778 da construción, 2.979.764 nos servicios e 379.197 do colectivo sen emprego anterior.
 
Trátase duns datos negativos. Máis cabe salientar que o dato deste mes de outubro é inferior ao rexistrado en 2011, cando o paro incrementouse en 134.182 persoas. Ademais, é o quinto mes consecutivo no que o paro rexistrado comportouse mellor que no ano anterior.

Un 76% do incremento do paro rexistrado do mes de outubro concéntrase nos servizos, como consecuencia dun número considerable de empregos de carácter estacional.

En termos interanuais, é dicir entre outubro de 2011 e outubro de 2012, o paro incrementouse en 472.595 persoas, o que representa un 10,84%.

O paro rexistrado descende en 2 comunidades autónomas: en Canarias (-993) e Comunidade Valenciana (-867). Sobe, pola contra, nas 15 restantes, encabezadas por Andalucía (32.139) e Castela-A Mancha (16.791).

En canto aos datos por provincias, o desemprego descende en 5, entre as que destacan Valencia (-3.406), Castelló (-820) e As Palmas (-727). Sobe, con todo, en 47, e faio principalmente en Madrid (12.897) e Illes Balears (9.474).

Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.