Puiden visitar boa parte dos 82 expositores tanto de grandes compañías como de pequenas empresas de carácter familiar, procedentes de toda España e Portugal.
Atopeime cunha feira extremadamente profesional, e puiden coñecer as últimas novidades dun sector competitivo que crea produtos e servizos adaptados á situación do mercado e ás demandas do consumidor. Chamoume atencion, por exemplo un deseño de coche fúnebre moderno e minimalista, claramente vangardista e coas últimas tecnoloxías incorporadas, incluída unha pantalla de plasma.
Tamén constatei a importancia dos produtos e servizos das empresas funerarias de Galicia, preto de 600 e que dan emprego a preto de 2.500 profesionais.
E citar especialmente ás ourensás do sector fabricante de cadaleitos, ent elas, Ataúdes Galego e Fillos de Luís Chao Sobrino.
E cónstame polas conversacións mantidas con moitos dos expositores o alto índice de satisfacción pois viron superadas as súas expectativas de negocio.
Sen dúbida Funergal consolídase como unha cita internacional eficaz para que as empresas expositoras alcancen novas oportunidades comerciais no mercado exterior.
Hai que destacar tamén o bo facer da Cámara de Comercio de Ourense que organizou unha misión comercial con importadores de Rusia, Alemaña e Reino Unido.
Nun contexto economico adverso, hai que salientar un novo éxito do equipo de Expourense que dirixe Alejandro Rubín.