martes, 27 de noviembre de 2012

Feijóo: " Vemos unha Galicia que precisa da unidade para resolver os seus problemas do presente, pero tamén vemos unha Galicia capaz de facelo se nolo propoñemos"




Hoxe no Parlamento de Galicia tivo lugar o discurso de investidura do candidato do PP de G o ourensán Alberto Núñez Feijóo.


Estas foron as principais liñas da súa intervención:


TRANSICIÓN CARA O CRECEMENTO


• Anunciou a creación dun Fondo para o Crecemento, que primará investimentos estruturais e infraestruturas que melloren a competitividade de Galicia e que nace co obxectivo de lograr emprego neto nesta lexislatura.


• Desenvolverá en 2013 un plan de axuda aos emprendedores, que inclúe catro rebaixas fiscais e incentivos de financiamento destinados especialmente aos mozos desempregados.


• Ve prioritario profundar na aposta pola innovación e anuncia neste senso a posta en marcha dun Programa de Captación de Talento que reteña aos investigadores na Comunidade.


BLINDAXE DOS SERVIZOS PÚBLICOS


• Comprometeu máis sanidade pública na próxima lexislatura, cunha Lei inédita que garanta tempos máximos de espera e continuando o impulso ás seis infraestruturas hospitalarias en marcha.


• No eido da educación, anunciou unha Lei de Formación Permanente e a reordenación dos fondos de formación para que actúen como unha verdadeira política de emprego, así como retomar a tramitación da Lei de Universidades para lograr unha oferta máis racional.


• Avanzou a creación doutras 6.000 novas prazas públicas de residencias, centros de día e escolas infantís, como ocorreu na pasada lexislatura.


• Como medida adicional para os afectados por desafiuzamentos, dixo que poñerá á súa disposición o parque de vivendas de promoción pública baleiras ou sen adxudicar.


MÁIS SOLVENCIA


• Garantiu que blindará a solvencia de Galicia como na pasada lexislatura para que siga financiándose sen sobresaltos e se manteña como unha das comunidades que paga en menos tempo aos seus provedores.


• Anunciou que Galicia é a única comunidade que xa ten completado o seu Programa de Endebedamento para este 2012 e proponse reducir a débeda autonómica respecto ao nivel actual e á media das comunidades.


• Dixo que a estabilidade das contas públicas permitirá volver ser a autonomía con menos axustes o próximo ano e que o próximo goberno non atope buratos económicos nin facturas nos caixóns.


A VERDADE DA SITUACIÓN


• Confíou en que Galicia volverá a falar de crecemento nesta lexislatura pero matiza que 2013 será aínda moi difícil e que haberá que seguir traballando na transición económica nos dous próximos anos.


• Plantexou a necesidade de redobrar esforzos para lograr unha aterraxe suave dos fondos europeos e proporá ao Goberno central a creación dun foro permanente que garanta unidade de acción coas comunidades que tamén deixan de ser Obxectivo 1.


• Dixo que remitirá ao Estado un estudo sobre o financiamento autonómico para que se reforcen os instrumentos de cohesión e para que o CPFF recupere o temón na elaboración do novo modelo.


• Mantén vixente a aspiración dunha entidade vinculada a Galicia e comprometeuse a seguir tutelando que se respecten os intereses dos emprendedores e dos aforradores galegos.


COMPLETAR A REFORMA INSTITUCIONAL


Máis austeridade:

• Dixo que Galicia seguirá contando co goberno máis reducido de todas as nacionalidades históricas, en altos cargos e persoal de gabinete, e anuncia a terceira fase do Plan de Racionalización da Administración paralela.


Urxiu aos concellos a ordenar a táboa salarial dos cargos municipais, plantexa estudar unha nova redución das subvencións a partidos, sindicatos e patronal e dará cumprimento á proposta de reducir o número de deputados avalada polas urnas.

Máis disciplina orzamentaria:


• Aspira a que Galicia siga sendo pioneira no control dos cartos públicos e avanza a elaboración dunha nova Lei de Réxime Financeiro que medirá a través de 400 indicadores os resultados de cada euro investido.


Máis eficiencia:


• Dará continuidade á busca de ineficiencias na Administración, potenciando a contratación centralizada dos servizos da Xunta ou cun sistema electrónico de presentación de avais


• Insistiu en que lograr máis eficiencia nos servizos públicos é a mellor maneira de poder amplialos e nesta liña poñerá en marcha unha Plataforma Loxística de material sanitario e consolidará a aposta polo aforro farmacéutico


Máis cooperación:


• Reiterou a súa aposta polo maior entendemento entre os pequenos municipios e plantexa que tamén as grandes cidades se involucren neste proceso para consolidarse como referentes de poboación europeos.


• Recordou os froitos do Diálogo Social na pasada lexislatura con máis dunha trintena de acordos e plantexa a necesidade de darlle continuidade nos próximos anos con novos acordos.


PLANIFICACIÓN TERRITORIAL E DOS SECTORES PRODUTIVOS


• Plantexou un pacto para o rural, cunha nova regulación que evite o abandono, facilite a volta ao rural e loite contra o minifundismo, así como cun programa de ordenación forestal que suporá case 40.000 xornais de traballo.


• Propuso continuar cunha nova Lei do Solo consensuada e con vocación de permanencia a ordenación territorial iniciada coas Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan do Litoral.


• Agarda alcanzar o peche da fenda tecnolóxica achegando a Banda Larga ao 100 % dos galegos en 2013 e cunha nova Lei de Telecomunicacións que considere as novas tecnoloxías un servizo tan esencial como a auga ou o saneamento.


• Avanzou a próxima aprobación dun Decreto de Comercialización para vender mellor os produtos pesqueiros e unha Lei de Acuicultura que permita recuperar o liderado do sector.


• Destacou os avances logrados no sector naval, como o novo sistema de tax-lease recentemente aprobado ou cos pedidos efectivos tanto para os estaleiros públicos como privados.


• Dentro do apoio aos sectores produtivos, tamén comprometeu seguir propiciando a fabricación de novos modelos de automoción en Galicia así como acompañar á industria auxiliar a abrir novas vías de negocio noutros mercados


RESPONSABILIDADE POLÍTICA


• Comprometeuse a gobernar para todos e asegurou que a maior ofensiva de Galicia se é investido Presidente dirixirase contra o paro e contra a crise económica


• “Estamos en Europa e somos Europa. Estamos en España e somos España. E todo iso porque estamos e somos Galicia”, subliñou.


• Pediu trasladar a Galicia real ao Parlamento nunha Galicia que aspira a reivindicar en España “non coa estridencia, senón co exemplo”