Onte no Auditorio de Ourense asistín a un acto organizado pola Federación de Asociacións de veciños Limiar, que preside Manuel Carnero, no que se outorgaron insignias de ouro ao director da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Luís Foxo e ao que subscribe.
No caso de Xosé Lois Foxo, a distinción vén recoñecer a súa meritoria traxectoria á fronte da Escola de Gaitas e da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Tamén foron concedidas placas ao mérito de Limiar, que distinguen a adicación ao movemento veciñal de Ramiro Rodríguez, Manuel Lorenzo e Dores Gallardo.
O meu sinceiro agradecemento a Limiar por esta distinción que tanto me alegra.