Hoxe cúmprese un ano das pasadas eleccións xerais, nas que o Partido Popular acadou unha ampla maioría que lle permitiu formar Goberno.
Un executivo de Mariano Rajoy que topouse cun enorme déficit público e que levou a cabo en só un ano as reformas necesarias que o PSOE foi incapaz de facer, pese a que resultaban imprescindibles.
Compre recordalas:
Un executivo de Mariano Rajoy que topouse cun enorme déficit público e que levou a cabo en só un ano as reformas necesarias que o PSOE foi incapaz de facer, pese a que resultaban imprescindibles.
Compre recordalas:
Na administración introducindo a austeridade e o rigor:
- Reduciu en case un 20% das estruturas orgánicas da administración e tamén limitou as retribucións dos seus membros. - reduciu dúas veces nun 20% a subvención de partidos políticos.
- Está reducindo as empresas públicas e unificando os organismos supervisores.
- Aprobou unha pioneira Lei de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno.
Está reformando o sistema financeiro para que volva fluír o crédito entre pemes e autónomos.
- O Goberno acometeu as reformas do sistema financeiro que tiñan que haberse feito fai anos.
- Conseguiu o apoio de Europa de 100.000 millóns para sanear a banca.
- Constituíu unha Sociedade de Xestión de Activos que se encargará de agrupar os activos tóxicos das entidades que obstaculizan o fluxo do crédito.
- Limitou os soldos e indemnizacións nas entidades intervidas.
- Tomou medidas para os pequenos aforradores e debedor sen recursos.
Aprobou unha reforma laboral para evitar despedimentos e impulsar a creación de emprego.
- Destruír menos emprego privado: Nos primeiros 6 meses de aplicación da reforma, a ocupación de asalariados privados caeu en 66.000 persoas. Nos últimos seis meses de Goberno socialista baixou en 381.800.
- Os contratos indefinidos creceron un 34,4% en outubro, respecto ao mesmo mes do ano pasado.
Aprobou medidas para pemes e autónomos para reactivar a economía.
- Inxectou 27.000 millóns de euros a pemes e autónomos co Plan de Pago a Provedores.
- Eliminou trabas burocráticas para facilitar a actividade de emprendedores coa "licenza exprés" e ampliou a liberdade de horarios.
-Asináronse máis de 65.000 contratos indefinidos de apoio aos emprendedores: a metade deles entre mozas.
Aprobou unha reforma educativa para mellorar o emprego dos mozos.
- Para combater a herdanza socialista dun fracaso escolar do 30%, a reforma céntrase en avaliar o rendemento e reforzar as materias troncales.
- A Formación Profesional Dual vinculará a formación coa práctica profesional.
A pesar da crise, está garantindo os dereitos sociais e a sustentabilidade do Estado do Benestar.
- Os Orzamentos para 2013 destinan 6 de cada 10 euros a gasto social.
- É o primeiro Goberno que aprobou medidas para frear os desafiuzamentos. cumpriu co seu compromiso de subir as pensións.
- En Sanidade, pagáronse 12.110 millóns que deixou o PSOE de facturas pendentes.
As medidas do Goberno están conseguindo que España estea cumprindo cos seus obxectivos de estabilidade orzamentaria:
- Tras os anos de malgasto e déficit oculto do PSOE, a primeira medida do Goberno foi garantir por lei o compromiso de estabilidade orzamentaria.
- As medidas do Goberno conseguen baixar o déficit ao 3,9% en setembro, situándose no camiño para cumprir co obxectivo do 4,5% a final de ano.
Ainda que houbo algúns erros, coido que temos que facer un balance razoablemente positivo deste primeiro ano de Goberno de Mariano Rajoy, recoñecendo con claridade que a situación de España segue sendo moi difícil e que hai miles de familias que o están pasando mal debido esencialmente ao cinco millóns e medio de parados que non atopan un traballo.
Máis debemos preguntarnos onde estaría España hoxe se o PSOE seguise no poder e non se tomaran estas medidas. Hoxe probablemente seriamos un país intervido, como Grecia ou Portugal.
Sen dúbida o principal logro deste ano foi devolverlle a España unha imaxe de seriedade e confianza, esnaquizada despois de sete anos de inacción e desgoberno, de déficit desbocado e de improvisacións constantes. España hoxe segue sendo un país solvente, que se financia nos mercados, que cumpre os seus compromisos e que está a gañar o seu futuro a base de esforzos e sacrificios colectivos.
Recoñecemos que se incumpriron algúns compromisos do programa electoral como os relativos a subida de impostos. Somos conscientes do malestar que iso puido ter na sociedade. Pero se chegamos a ese punto é porque era necesario para garantir a viabilidade de España. O PP fará todo o que faga falta para que España saia adiante.
Hoxe, España está canalizada cara ao camiño da recuperación. Pero dependemos dun contexto europeo e mundial, que en canto volva á senda do crecemento, serviranos para volver crear emprego e riqueza.
Na mente do Goberno de Rajoy está ser o máis equitativo e xusto posible e tamén tratar de paliar as situacións dos que se están vendo máis afectados e que o están pasando peor.
Temos tres anos de lexislatura por diante, nos que debemos traballar arreo.