lunes, 26 de noviembre de 2012

Os cataláns falan nas urnas



Girona
Onte foron chamados ás urnas un total, de 5.257.587 cataláns, nunha xornada electoral que afortunadamente discorreu con total normalidade e na que os colexios electorais finalizaron cun total de 3.657.450 votantes, un 69,59% do total, o que supuxo un incremento notable de 10 puntos respecto aos resultados de 2010 (58,78%). A abstención terminou en 1.600.510 persoas, un 30,44%, 9 puntos por debaixo do 2010 (41,22%).


Estes son os datos provisionais:


2012 2010

CandidaturasVotosDiputados Diputados Votos Candidaturas
Color CiU CiU1.112.34130,68%    50621.202.83038,43% CiUColor CiU
Color ERC-Cat Sí ERC-Cat Sí496.29213,68%    2110219.1737,00% ERC/ESQUERRAColor ERC/ESQUERRA
Color PSC PSC523.33314,43%    2028575.23318,38% PSC-PSOEColor PSC-PSOE
Color P.P. P.P.471.19712,99%    1918387.06612,37% P.P.Color P.P.
Color ICV-EUiA ICV-EUiA358.8579,89%    1310230.8247,37% ICV-EUiAColor ICV-EUiA
Color C's C's274.9257,58%      93106.1543,39% C'sColor C's
Color CUP-Alternativa d'Esquerres CUP-Alternativa d'Esquerres126.2193,48%      3

A victoría de CiU, con 1.112.241 votos é clara pero deixouse unha cuarta parte dos seus escanos (de 62 a 50) no camiño, perdendo case oito puntos. Todo indica que moitos dos seus votantes dixéronlles que non queren á folla de ruta soberanista, e que presidente catalán Artur Mas equivocouse co adianto electoral, do que agardaba unha maioría absoluta coa que liderar o proceso independentista. Semella necesario que CiU abra un período de reflexión e centrese en resolver os problemas reais de Catalunya.

ERC deu a sorpresa con nada menos que 496.292 votos e 21 escanos, máis que duplicando a representación anterior, e recollendo os votos claramente soberanistas. Tamén e salientable o crecemento de Ciutatans que triplica a representación e obten o respaldo de 274.925 votantes. Medra tamén ICV-EUiA que acada tres escanos máis e obten 358.857 apoios.

Doutra banda o PSC sofre o peor resultado da súa historia, perde 8 escanos e case catro puntos, e a sua proposta federalista, claramente improvisada e ambigua, foi rexeitada nas urnas.  Resultado ao que non é alleo Alfredo Pérez Rubalcaba, pois o PSOE desde que ó lidera perdeu cinco eleccións: xerais, andaluzas, vascas, galegas e catalás.
ESPECIAL ELECCIONES CATALUÑA
Compre salientar que os votantes déronlle ao Partido Popular de Catalunya o mellor resultado da sua historia. Consegue o apoio de 471.197 cataláns, 84.131 máis e aumenta  a sua representación no Parlament, quedando en 19 escanos. Subir neste momento co desgaste que supón gobernar en España é un mérito moi destacable.
873 Domingo, 25 de noviembre de 2012
Parabéns a Alicia Sánchez Camacho polos seus excelentes resultados. En apenas catro anos, o PP recortou máis de 20 escanos ao PSOE, pasando dunha diferenza de 23 a só 1.

Agardemos a constitución do Parlament e as conversas fara formar un Goberno que terá que abordar os graves problemas económicos e sociais desta gran Comunidade, Catalunya, á que tanto admiro e respeto.