viernes, 23 de noviembre de 2012

Sobre Politicas públicas de Termalismo

As Burgas-Ourense
Esta mañá participei nun Foro sobre Políticas públicas de Termalismo e Turismo de saúde: Impulso institucional ao desenvolvemento das vilas termais en España” organizado  polo Concello de Ourense, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, sección de Vilas Termais e Turespaña.
 
No acto inaugural interveu D. José Ángel Vázquez Barquero concelleiro de Termalismo del Concello de Ourense, D. Rogelio Martínez González, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, D. Roberto Castro, Sudelegado do Goberno, Dª María del Carmen Yáñez Salgado,alcaldesa de Lobios e Presidenta da Sección de Vilas Termais da FEMP e  D. Agustín Fernández Gallego, alcalde de Ourense.

Comezou a sesión o Dr. Ignacio Barriobero Martínez, Profesor Asociado de Dereito Administrativo da Universidade da Rioxa, quen falou sobre a regulación do Termalismo e do Turismo de Saúde en España, que calificou de fragmentada, obsoleta e asimétrica. Recomendou promover unha nova lexislación básica estatal de Augas Minerais e Termalismo e unha normativa que regule as condicións técnico- sanitarias, establecendo de xeito claro e preciso as características e condicións sanitarias dos establecementos.

De seguido e sobre as Políticas de Termalismo Social e Sanitario en España interveu  D. Juan Carlos San José Rodríguez, Presidente da Sociedade Española de Hidroloxía Médica. Falou da importancia de seguir traballando no desenvolvemento de Programas de Termalismo Social, pola súa importante contribución aso benestar social.  E tamen de aportar unha orientación sanitaria aos Centros Termais.

E finalmente, e sobre Políticas de fomento do Termalismo e do Turismo de Saúde en España e instrumentos para o desenvolvemento turístico, rural e urbano das Vilas Termais, disertou D. Xavier Ballbé Mallol. Director do Observatorio do Termalismo quen deu un interesante repaso a situación do sector, e ás políticas desenvolvidas ata hoxe.

Un Foro moi productivo con moi boa presenza de representantes das diversas administracións públicas e dos Parlamentos.