Esta mañá presidín a Comisión deFomento do Congreso na que compareceu a Secretaria Xeral de Transportes do Ministerio de Fomento, Carmen Librero Pintado.
Informou sobre o estado actual do Plan de accións correctivas que foi aprobado pola OACI en maio de 2011, contido dentro do informe final da Auditoría da vixilancia da seguridade operacional do sistema de aviación civil.
Carmen Librero recordou que a auditoría da OACI, realizada en España en xullo de 2010, estableceu unha porcentaxe de falta de aplicación efectiva (LEI) do 14,5%, por baixo da media mundial, fixada no 40%, e situaba a España no posto vigésimosexto no mundo e sexto en Europa.
Dixo que do total de 91 accións correctivas recomendadas pola OACI para España, xa se levaron a cabo o 85%, mentres que o 15% restante atópase en proceso e atrasouse porque a medida competíalle a unha institución internacional como a Axencia Europea de Seguridade Aérea ou porque requiría maior tempo de implementación.
Afirmou que os resultados da auditoría revelan que España "dispón dunha alta porcentaxe de seguridade totalmente equiparado a socios da súa contorna socioeconómica" e que das 40 constatacións sinaladas polo organismo "non hai ningunha actuación de significativa gravidade".
En definitiva para a Secretaria xeral de Transporte, a seguridade aérea en España é "mellor que razoable" e que non ten "ningún problema de seguridade significativo"
Logo someteuse ás preguntas dos distintos portavoces dos Grupos Parlamentarios.
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?next_page=/wc/verEmisionAudiovisual&idOrgano=327&idSesion=12&fecha=27/11/2012&secuencia=531381&legislatura=10
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?next_page=/wc/verEmisionAudiovisual&idOrgano=327&idSesion=12&fecha=27/11/2012&secuencia=531381&legislatura=10