miércoles, 14 de noviembre de 2012

Sobre a xornada de folga xeral

Hoxe foi xornada de folga xeral.
 
A posición do Partido Popular e a do Goberno, expresada por Luis de Guindos é a de respecto o dereito a folga e o de manifestación, como respecta o dereito a traballar daqueles que queiran facelo. Esté é un resumo das suas declaracións:

"Todos eles son dereitos fundamentais na nosa democracia e a todos hai que respectalos por igual.

Con todo, consideramos que a folga non é o camiño para saír da crise porque o camiño é seguir traballando todos xuntos no obxectivo de volver crecer e crear emprego.

A folla de ruta do Goberno en materia económica consideramos que é a única posible e a máis adecuada para recuperar canto antes a economía nacional, saír da crise e crear emprego. Todo iso respectando e mantendo o Estado do Benestar.

O Goberno vai cumprir cos seus compromisos. Xa tomou medidas importantes que, a pesar de non ser sinxelas, darán os seus froitos.

O obxectivo final do Goberno é cumprir co déficit porque é o primeiro paso para poder empezar a crecer de novo. Pero tamén nos comprometemos a baixar os impostos e niso estase traballando tamén.

É moi difícil que a economía española deixe atrás cinco anos de crises mentres persistan as incertezas en torno ao futuro do euro. Nós cumprimos coa nosa parte e agora tócalle á UE cumprir coa súa."