Tivemos onte Xunta Directiva Provincial do PP en Ourense e recibimos a visita de Alberto Nuñez Feijoo que agradeceu o apoio recibido da nosa organización e celebrou o resultado obtido, que o presidente Baltar recordou que afectou a 84 dos 92 concellos da provincia.
Feijoo resaltou que foi a vitoria dun partido unido, con principios reformistas e galeguistas e con personalidade diferenciada. Pero engadiu que desde o día seguinte ás eleccións trabállase para todos e en coalición aberta con todos os galegos e co obxectivo de resolver os problemas da xente.
Afirmou dun modo rotundo que: "non son tempos de confrontación e se de concentración" e fixo un chamamento á reconciliación dos cidadáns coa política.
Fixou como obxectivos: manter o rigor e a solvencia da Comunidade e iniciar unha senda de crecemento económico e conseguir un peche de lexislatura con creación neta de emprego.
Emprázounos a seguir dicindo a verdade, a recoñecer que estamos inmersos nunca profunda crise, a facer autocrítica e en consecuencia a tomar decisións responsables pensando en especial nos 260.000 parados que temos.