jueves, 20 de diciembre de 2012

Aprobados os Orzamentos do Estado para 2013

Os Orzamentos Xerais do Estado para 2013 concluiron hoxe a súa tramitación parlamentaria  tras  o debate e votación en Pleno das emendas incorporadas polo Senado ao texto que o Congreso dos Deputados enviou no seu día. 
 
A Cámara Baixa ratificou todos os cambios incluídos na Cámara Alta salvo dúas emendas á disposición adicional septuaxésima segunda. 
 
 Así mesmo, aprobáronse as emendas da Cámara Alta á reforma da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal, en materia de transparencia e loita contra a fraude fiscal e na Seguridade Social. 
 
 Tamén concluiu hoxe a tramitación parlamentaria, coa votación das emendas do Senado,da Lei de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética, e  a Lei pola que se adoptan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica. 
 
 Despois celebrouse o debate de totalidade do proxecto de leí sobre medidas de flexibilización e fomento do mercado do aluguer de Vivendas, de xeito que a súa tramitación tras o rexeitamento, con 120 votos a favor, 189 en contra e 16 abstencións, das emendas de totalidade. 
 
Para rematar, o Pleno elixiu a Teófilo de Luís como secretario cuarto da Mesa do Congreso dos Deputados. Noraboa a este veterano e competente colega.